Skip to main content

Noelia Vila: “Integrarte e vivir dun xeito mais próximo a outras culturas é un sentimento único”.

Noelia Vila: “Integrarte y vivir de una manera más próxima a otras culturas es un sentimiento único”.
Noelia Vila: “Integrarte y vivir de una manera más próxima a otras culturas es un sentimiento único”.
Tan só faltan unhas poucas horas para que comece, no Campus Terra da USC, unha nova edición do International Day. O Auditorio da Facultade de Veterinaria acollerá este xoves, a partir das 11:30, unha...
Lugo

Tan só faltan unhas poucas horas para que comece, no Campus Terra da USC, unha nova edición do International Day. O Auditorio da Facultade de Veterinaria acollerá este xoves, a partir das 11:30, unha xornada na que @s alumn@s internacionais presentaranlle ao resto de compañeir@s os seus respectivos países de orixe coa intención de animal@s a que boten man dos diversos programas de mobilidade que oferta a Universidade de Santiago de Compostela. Este foi o caso de Noelia, estudante do Campus Terra que gozou dunha bolsa Erasmus en Polonia.

 

Campus Terra (C.T.): Por que decidiches cursar parte dos teus estudos fóra do Campus Terra?

 

Noelia Vila (N.V.).: Decidín non desperdiciar a oportunidade que moitos de nós temos agora ao poder estudar fóra por moitas razóns: tiña a inquietude de saber como sería a miña vida fóra da casa e lonxe dos meus. Ter que relacionarte con outras persoas, si ou si, noutro idioma, ao principio, provocoume un pouco de medo pero era unha experiencia moi boa para a aprendizaxe do inglés e sumeime á aventura Erasmus. Escollín (Bydgoszcz) Polonia, a verdade é que non tiña moitas máis opcións, pero estiven moi contenta.

 

C.T.: De que modo esta experiencia contribuíu a mellorar a túa inserción profesional?

 

N.V.: Din que viaxar abre a mente e parece un conto chino pero é a realidade. Integrarte e vivir dun xeito máis próximo a outras culturas é un sentimento único. Buscarte a vida ti soa, e no meu caso con xente que case non te entendía, faiche ser máis segura do que eras. Persoalmente hoxe en día podo afrontar una entrevista con moitas máis garantías que hai un ano.

 

C.T.: Por que recomendarías a mobilidade aos actuais estudantes do Campus?

 

N.V.: Porque é una experiencia única, unha etapa da túa vida, xa sexa longa ou curta, cunha continua aprendizaxe. Un privilexio e un valor engadido ao teu currículo. Cando a xente nova pensa en estudar fóra imaxina a súa etapa con dúas palabras: diversión e aprobar todo. Pero é una oportunidade que vai moito máis alá diso, con moitas máis palabras para definila: experiencia, reflexión, amizade (amor), supervivencia, madurez, unión, sentimento. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.