O Campus Terra da USC presenta a súa oferta académica na feira Europosgrados México
A xestora de especialización da oferta docente do Campus Terra, Margarita Vilela, participou esta fin de semana na feira Europosgrados México, o evento de estudos de posgrao máis relevante de México e América Latina no seu conxunto. Trátase dun espazo no que recoñecidas Universidades brindan aos visitantes asesoría, de maneira persoal e directa, sobre a extensa oferta académica que ofrece Europa.
Europosgrados subministra información sobre plans de estudo, requisitos académicos, de idioma, condicións de vida, bolsas e plans de financiamiento nos distintos países participantes. A Universidade de Santiago de Compostela contou cun espazo expositor no que centos de persoas puideron informarse do mapa de titulacións da USC e dos seus tres Campus: Vida, Terra e Cidadanía.