Comeza a V edición do ‘International Day’, un encontro no que converxen a fusión cultural coa gastronomía, a xuventude e un xeito diferente de ver a Universidade
O estudantado do Campus Terra está convidado a participar nunha nova edición do ‘International Day’, unha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na USC poderán mostrar...
Lugo
O estudantado do Campus Terra está convidado a participar nunha nova edición do ‘International Day’, unha xornada na que estudantes estranxeiros que cursan estudos actualmente na USC poderán mostrar aqueles aspectos que axudan a coñecer e comprender as particularidades dos seus países de orixe: a gastronomía, a vida estudantil, as tradicións culturais, a xeografía ou o estilo de vida.
A xornada realizarase o vindeiro día 17 novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria.
Esta é unha iniciativa que organiza a Asociación Erasmus Compostela xunto coa Vicerreitoría de Internacionalización da USC e a Xunta de Galicia.
Se queres participar, podes acadar máis información en: