Skip to main content

Mercedes Novo, profesora do Campus Terra da USC: “En XuvenCiencia queremos fomentar a vocación científica”

Mercedes Novo, profesora del Campus Terra de la USC: “En XuvenCiencia queremos fomentar la vocación científica”
Mercedes Novo, profesora del Campus Terra de la USC: “En XuvenCiencia queremos fomentar la vocación científica”
Achegan a ciencia á sociedade e, sobre todo, convértena nun territorio atractivo para @s nos@s adolescentes. O grupo de divulgación da ciencia e da tecnoloxía XuvenCiencia encárgase de alimentar...
Lugo

Achegan a ciencia á sociedade e, sobre todo, convértena nun territorio atractivo para @s nos@s adolescentes. O grupo de divulgación da ciencia e da tecnoloxía XuvenCiencia encárgase de alimentar futuras vocacións científicas e, con tal obxectivo, o vindeiro 5 de novembro, celebra na Biblioteca Intercentros de Lugo, a terceira edición do programa ‘XuvenCiencia para profesorado’, unha iniciativa que busca divulgar e achegar o traballo cotiá de docencia e investigación que se desenvolve nas aulas e laboratorios universitarios do Campus Terra da USC a profesores de ensino secundario. A pre inscrición remata o 20 de outubro.

 

Campus Terra (C.T.): En que consiste ‘XuvenCiencia para profesorado’?

Mercedes Novo (M.N.), coordinadora de XuvenCiencia: Trátase de xornadas de comunicación e información co profesorado de ensino secundario para promover actividades conxuntas e dar formación na metodoloxía e na práctica investigadora para que a podan transmitir ao seu alumnado.

 

C.T.: Que particularidades presenta o programa desta terceira edición?

M.N.: O programa desta III Xornada inclúe dous itinerarios, un dirixido ao profesorado das áreas de Ciencias da Vida e Experimentais (Física-Química, Bioloxía-Xeoloxía e Tecnoloxía) con tres kits educativos para levar á aula; e outro dirixido ao profesorado de áreas de Ciencias Sociais, Artes e Humanidades (Debuxo, Lingua e literatura galega, Lingua castelá e literatura, Xeografía e Historia e Filosofía e Antropoloxía), onde se presentarán algunhas liñas de investigación neste eido do Campus Terra e se buscarán proxectos a desenvolver co profesorado de ensino medio. Os asistentes á xornada das áreas de Ciencias da Vida e Experimentais recibirán un kit educativo e a formación para o seu aproveitamento co seu alumnado nas aulas, comprometéndose a utilizalo e á colaboración cos responsables correspondentes do grupo XuvenCiencia (seguimento, valoración por parte dos estudantes, informe final de resultados, etc.).

 

C.T.: Que resultados perseguides obter?

M.N.: Primeiramente, queremos levar a metodoloxía e a práctica investigadora ao profesorado de ensino medio para que este poda transmitila ao seu alumnado. Asemade, pretendemos impulsar a experimentación nas aulas e fomentar as vocacións científicas e a creatividade no alumnado de ensino medio.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.