Xornada técnica de presentación da tecnoloxía ultravioleta Surepure no Campus Terra
As instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC acubillaron este xoves unha xornada técnica para a presentación da tecnoloxía ultravioleta...
Lugo
As instalacións da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC acubillaron este xoves unha xornada técnica para a presentación da tecnoloxía ultravioleta Surepure. As sesións prácticas desta actividade formativa, organizada pola Aplta en colaboración coas empresas Atlántica S.L e Surepure AG Suíza, desenvolvéronse na planta piloto do centro universitario, mentras que as sesións teóricas tiveron lugar na sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario (Cetal).