A Facultade de ADE do Campus Terra inaugurou unha nova edición do Máster en Dirección de Empresas
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC inaugurou este luns, no salón de graos do centro universitario lugués unha nova edición do Máster en Dirección de...
Lugo
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC inaugurou este luns, no salón de graos do centro universitario lugués unha nova edición do Máster en Dirección de Empresas, un posgrao oficial da USC coordinado pola profesora María Ángeles López Cabarcos e que nesta edición rexistrou a inscrición de preto de 20 estudantes, dos que un 20% proceden do estranxeiro.
O catedrático do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da Universidade da Coruña, Rafael María García Rodríguez, abriu o programa formativo deste máster cun relatorio que se desenvolveu baixo o título ‘Retos formativos dun MBA’.