Skip to main content

O Campus Terra da USC fai visible a actividade dos seus servizos na xornada de benvida ao curso 2016/2017

El Campus Terra de la USC hace visible la actividad de sus servicios en la jornada de bienvenida al curso 2016/2017
El Campus Terra de la USC hace visible la actividad de sus servicios en la jornada de bienvenida al curso 2016/2017
O Auditorio de Veterinaria acollerá este xoves 15, ás 11:00 horas, a xornada 'Benvid@s ao Campus Terra', coa que dende o campus lugués se aspira a presentar ante o alumnado todas as prestacións que...
Lugo

O Auditorio de Veterinaria acollerá este xoves 15, ás 11:00 horas, a xornada 'Benvid@s ao Campus Terra', coa que dende o campus lugués se aspira a presentar ante o alumnado todas as prestacións que ofrecen os seus servizos. Así, adoptando a modalidade dunha feira, os diferentes servizos contarán cos seus respectivos stands dende os que distribuirán material informativo aos alumnos e alumnas do Campus Terra coa intención de explicar en que consiste a súa actividade.

 

Área de Cultura, Área de Orientación Laboral,  Biblioteca Intercentros, Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (CACTUS), Centro de Linguas Modernas, Oficina de Desenvolvemento Sostible, Oficina de Igualdade de Xénero, Oficina de Relacións Externas, Servizo de Deportes, Servizo de Normalización Lingüística e Servizo de Participación e Integración Universitaria, serán os verdadeiros protagonistas dunha xornada na que tamén haberá tempo para gozar dun diverso programa de actividades culturais.

 

Así, entre as 11:15 e as 11:45 horas, de modo paralelo á actividade informativa dos stands, os alumnos e alumnas poderán asistir a unha representación da compañía de danza USC-Lugo. A continuación, proxectaranse as pezas participantes no maratón audiovisual Fin de Curta, e cara as 12:15 horas, un obradoiro de bailes latinos amenizará a xornada. Ás 13:00 horas, o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e a vicerreitora de Servizos, Carme Silva, en compañía da alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e do presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, daranlle a benvida a todo o alumnado nun acto institucional que dará a paso ao concerto que pechará a xornada e que correrá a cargo do grupo musical De Vacas.

 

A xornada 'Benvidos ao Campus Terra' enmárcase dentro do plan de acción do proxecto 'Campus Terra', financiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que aspira a fomentar a especialización do campus lugués en torno ao concepto Terra, entendido este dende unha perspectiva interdisciplinar, isto é, económica, medioambiental, social e cultural.  

The contents of this page were updated on 02.25.2022.