Skip to main content

A EPS do Campus Terra da USC participa na Coruña nun foro sobre bases cartográficas e topográficas

La EPS del Campus Terra de la USC participa en A Coruña en un foro sobre las bases cartográficas y topográficas
La EPS del Campus Terra de la USC participa en A Coruña en un foro sobre las bases cartográficas y topográficas
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC participa e colabora na organización dunha xornada sobre bases topográficas e cartográficas centrada na produción e na difusión de información...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC participa e colabora na organización dunha xornada sobre bases topográficas e cartográficas centrada na produción e na difusión de información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local, que se están a celebrar este luns na sede da Fundación Barrié, na Coruña.

 

Os obxectivos deste foro sobre bases de datos xeográficas, en cuxa organización tamén colabora a delegación territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica, pasan por facer chegar aos profesionais, empresas e institucións, os avances tecnolóxicos e metodolóxicos que se están a producir neste eido.

 

Achegar ao público en xeral as ferramentas existentes na actualidade e a través das que poden acceder de xeito sinxelo e sen limitacións á información xeográfica, é outro dos cometidos que pretenden os promotores desta xornada monográfica.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.