A EPS do Campus Terra mantén aberta a inscrición no I Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural
A USC mantén aberto ata o vindeiro 23 de setembro o prazo de inscrición no I Concurso de Traballos Fin de Grao (TFG) sobre Enxeñaría e Muller Rural, unha iniciativa convocada pola Escola Politécnica...
Lugo
A USC mantén aberto ata o vindeiro 23 de setembro o prazo de inscrición no I Concurso de Traballos Fin de Grao (TFG) sobre Enxeñaría e Muller Rural, unha iniciativa convocada pola Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC co obxectivo de premiar aqueles traballos fin de grao de Enxeñaría Agrícola asinados por alumnas ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural.