Curso de inclusión social e participación para a transformación na residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC
A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC acubillará os vindeiros días 30 de setembro, 1, 7 e 8 de outubro o curso ‘Da cabeza aos pés’, un programa de inclusión social e...
Lugo
A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do Campus Terra da USC acubillará os vindeiros días 30 de setembro, 1, 7 e 8 de outubro o curso ‘Da cabeza aos pés’, un programa de inclusión social e participación que está aberto a todo o público interesado. As persoas interesadas en participar como asistentes nesta actividade formativa, que será recoñecida con un crédito ECTS optativo para o alumnado de calquera titulación da USC, poden formalizar a súa inscrición na web da USC ata o vindeiro 25 de setembro.