Skip to main content

5 motivos polos que estudar o Máster en Dirección de Empresas do Campus Terra da USC

5 motivos por los que estudiar el Máster en Dirección de Empresas del Campus Terra de la USC
5 motivos por los que estudiar el Máster en Dirección de Empresas del Campus Terra de la USC
O Máster en Dirección de Empresas do Campus Terra da USC ten como obxectivo que o alumnado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e a capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve...
Lugo

O Máster en Dirección de Empresas do Campus Terra da USC ten como obxectivo que o alumnado adquira coñecementos avanzados en Dirección de Empresas e a capacidade de aplicalos, á vez que desenvolve habilidades directivas. Iso obtense a través dunha metodoloxía participativa de análise de casos, de resolución de exercicios, role-playing, desenvolvemento de debates, análise de lecturas de interese e presentación de traballos. Porque queremos que recibas a mellor formación, hoxe presentámosche 5 motivos polos que estudar o Máster en Dirección de Empresas do Campus Terra da USC.

 

1. Terás máis posibilidades de conseguir emprego.

O Máster en Dirección de Empresas do Campus Terra forma especialistas en marketing estratéxico, comercio internacional, xestión estratéxica de persoas, dirección estratéxica, xestión contable-financeira ou dirección de operacións. O máster tamén forma a investigadores no ámbito da dirección de empresas, xestores e directivos de empresa e a potenciais empresarios, proporcionando formación sobre as áreas máis importantes da xestión empresarial.

 

2. Adquirirás novas competencias que che permitirán mellorar na xestión empresarial.

Entre as competencias que proporciona esta titulación destaca o uso de ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa. Asemade, proporciona unha visión global da empresa e do seu entorno e dota ao alumnado da capacidade para comunicar información, ideas, cuestións sobre a dirección de empresas e propostas de solución.

 

3. Terás como profesores a docentes especializados e a reputados profesionais do mundo empresarial.

Este máster conta con profesorado da USC especializado. Dada a súa orientación ao mundo empresarial, tamén conta con colaboradores externos, xestores e directivos de empresas, que imparten charlas, seminarios e conferencias.

 

4. Esta titulación posúe convenios de mobilidade.

O máster dispón de convenios de mobilidade con outras universidades: Université de Fribourg (Suiza), Instituto Superior de Ciências Empresariais e do Turismo (Portugal), IMC Fachhochschule Krems GMBH (Austria), Université de Rennes I (Francia), UniversitÀ Degli Studi Di Bologna (Italia), Universitá degli studi del Sannio (Italia).

 

5. Estudarás nun Campus especializado.

Lembra que o Campus Terra é o campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

 

Matricúlate xa!!! Só tes que premer aquí!!! Últimas prazas dispoñibles. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.