O Campus Terra da USC forma asesores agrarios a través dun curso básico en comunicación e relacións no asesoramento
O Campus Terra da USC aposta pola formación de asesores agrarios a través da oferta dun curso básico en comunicación e relacións no asesoramento que se desenvolverá do 8 ao 13 de setembro nas...
Lugo
O Campus Terra da USC aposta pola formación de asesores agrarios a través da oferta dun curso básico en comunicación e relacións no asesoramento que se desenvolverá do 8 ao 13 de setembro nas dependencias do edificio Cactus da sede universitaria luguesa. O prazo de inscrición nesta actividade de formación continua permanecerá aberto desde o 1 ata o 15 de agosto.
Este programa de formación continua da USC está orientado á participación de enxeñeiros técnicos agrícolas, agrónomos, forestais e de Montes, así como a Veterinarios e outros egresados universitarios que completaron estudos económicos que estean a traballar ou acrediten experiencia laboral en tarefas de asesoramento a explotacións agropecuarias ou forestais.