O Campus Terra da USC participa nun proxecto de mellora do sistema vitivinícola español financiado con preto de 7,5 millóns
O grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) do Campus Terra da USC participa nun consorcio integrado por dez universidades e centros de investigación, seis bodegas representativas...
Lugo
O grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) do Campus Terra da USC participa nun consorcio integrado por dez universidades e centros de investigación, seis bodegas representativas das principais zonas vitivinícolas españolas e dúas empresas do sector auxiliar de produción de tapóns e de produtos biotecnolóxicos no proxecto Vinysost, un programa de I+d orientado a mellorar a calidade e a competitividade dos viños españois mediante a xestión sustentable da produción en grandes viñedos, a fin de dar resposta así aos grandes retos que afronta o sector vitivinícola español.