Skip to main content

A empresa francesa Virbac interésase por tecnoloxía do Campus Terra da USC

La empresa francesa Virbac se interesa por tecnología del Campus Terra de la USC
La empresa francesa Virbac se interesa por tecnología del Campus Terra de la USC
Representantes da compañía veterinaria francesa Virbac, unha das máis relevantes no sector farmacéutico animal, visitaron a pasada semana as instalacións da Área de Valorización, Transferencia e...
Lugo

Representantes da compañía veterinaria francesa Virbac, unha das máis relevantes no sector farmacéutico animal, visitaron a pasada semana as instalacións da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC interesados por tres tecnoloxías desenvolvidas por investigadores da Universidade de Santiago e patentadas pola propia AVTE.

 

O investigador da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, Adolfo Paz Silva, explicoulles os detalles dunha tecnoloxía baseada no emprego de esporas de fungos saprófitos que reducen o risco de infección parasitaria tanto en animais de granxa como en mascotas. Deste xeito requírense menos tratamentos antiparasitarios convencionais e achégase unha solución sostible ao control de parasitos.

 

Máis información no Xornal da USC. 

 

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.