O Campus Terra da USC aborda a conservación e o uso social da montaña luguesa
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus Terra da USC, Andrés Barreiro Lois, participou este mércores na sesión inaugural do curso ‘A biodiversidade e o patrimonio da...
Lugo
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus Terra da USC, Andrés Barreiro Lois, participou este mércores na sesión inaugural do curso ‘A biodiversidade e o patrimonio da montaña luguesa: conservación e uso social’, incluído na Universidade de Verán 2016 e que se desenvolverá ata o 15 de xullo en Piornedo de Ancares, no concello de Cervantes.
Estruturado en 26 horas lectivas, o programa dirixido polos profesores da USC Elena Freire Paz e Augusto de Castro Lorenzo, constitúe un foro acaído para afondar no estudo e no coñecemento da biodiversidade da montaña lucense, ademais de para coñecer as distintas accións postas en marcha para a súa conservación.