Skip to main content

As políticas de desenvolvemento rural e a súa incidencia en Galicia, a debate nun curso na EPS do Campus Terra

Las políticas de desarrollo rural y su incidencia en Galicia, a debate en un curso en la EPS del Campus Terra
Las políticas de desarrollo rural y su incidencia en Galicia, a debate en un curso en la EPS del Campus Terra
‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán da USC que se desenvolve dende este martes ata o 14 de...
Lugo

‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’ é o título do curso incluído na Universidade de Verán da USC que se desenvolve dende este martes ata o 14 de xullo na Escola Politécnica Superior do Campus Terra. Estruturado en 20 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, este programa formativo e de divulgación, dirixido por Edelmiro López Iglesias e Mar Pérez Fra, ofrece unha ollada retrospectiva, pero tamén con prospectiva, da política de desenvolvemento rural desenvolvida en Galicia desde comezos do século XXI a instancias da UE. No acto inaugural estiveron presentes o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, así como o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Álvaro Santos; e Ana Isabel García Arias, profesora e subdirectora da EPS do Campus Terra. 

 

Consulta aquí o programa completo do curso.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.