Skip to main content

Campus Terra albergará unha nova edición do Premio Aresa

Campus Terra albergará una nueva edición del Premio Aresa
Campus Terra albergará una nueva edición del Premio Aresa
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron esta mañá no salón reitoral do Colexio de San Xerome un convenio de...
Lugo

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron esta mañá no salón reitoral do Colexio de San Xerome un convenio de colaboración para impulsar conxuntamente a edición de 2016 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Acompañounos no acto o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema. 

 

Con este acordo inícianse os preparativos doutra convocatoria deste galardón co que a USC e Aresa veñen recoñecendo aquelas iniciativas levadas a cabo por entidades, empresas, grupos de investigación e persoas en xeral a prol do desenvolvemento do sector primario. A entrega do Premio Aresa é acollida cada ano polo Campus Terra da USC. 

 

Máis información no Xornal da USC 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.