Skip to main content

O campus de verán Xuvenciencia amosa o Campus Terra da USC a 133 estudantes preuniversitarios de España e Portugal

El campus de verano Xuvenciencia muestra el Campus Terra de la USC a 133 estudiantes preuniversitarios de España y Portugal
El campus de verano Xuvenciencia muestra el Campus Terra de la USC a 133 estudiantes preuniversitarios de España y Portugal
A cuarta edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo, un programa organizado e promovido polo profesorado do Campus Terra da USC en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, amosa, dende...
Lugo

A cuarta edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo, un programa organizado e promovido polo profesorado do Campus Terra da USC en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, amosa, dende este luns e ata o vindeiro 1 de xullo, a oferta docente e os recursos e servizos de I+D+i da sede universitaria luguesa a 133 estudantes de ensinanzas preuniversitarias procedentes de centros educativos das catro provincias galegas e incluso do resto de España e de Portugal.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o coordnador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, Francisco Javier López González; e a profesora na Facultade de Ciencias da USC e coordinadora de Xuvenciencia, Mercedes Novo, inauguraron o programa de actividades deste campamento preuniversitario científico, técnico e social no marco dunha sesión desenvolvida no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, onde moitos dos rapaces gozaron da súa primeira experiencia universitaria. Ao remate desta sesión de benvida, o catedrático da USC, Ángel Carracedo, ofreceu, a xeito de relatorio inaugural, unha charla divulgativa que se desenvolveu baixo o título ‘Xenes, linguas e historia’. Os estudantes inscritos nesta nova edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo participaron nesta primeira xornada nunha xincana nas inmediacións da Biblioteca Intercentros da sede universitaria luguesa.

 

Esta nova edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo está a ser un éxito pola alta demanda de alumnos, xa que máis de 200 estudantes solicitaron participar neste programa. Ademais, a fidelidade amosada por un nutrido grupo de estudantes fixo que os organizadores deste campus de verán da USC optara por habilitar unha nova edición dun módulo de expertos ou veteranos, especialmente orientado a este grupo estudantil a fin de ofrecerlles obradoiros e visitas distintas ás que xa completaron en edicións anteriores.

 

O Campus de Verán XuvenCiencia 2016 inclúe máis de 50 talleres, visitas e demostracións e 27 proxectos en todas as áreas do coñecemento, que son realizados por máis de 100 docentes da USC, así como persoal técnico de todos os centros do Campus Terra. Tamén conta coa colaboración de centros públicos, como o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia ou o Centro de Empresas e Innovación Nodus, e empresas privadas, como AMSlab.

 

Do total de participantes nesta cuarta edición do campamento estival preuniversitario Xuvenciencia, 30 son veteranas/os que xa realizaron o campus o ano pasado e 3 forman parte dun programa de intercambio coa Universidade Junior de Porto. Para o alumnado veterano elaborouse un programa especial que inclúe novas actividades como a ruta e talleres na Estación Científica do Courel, a visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti, o taller de modelado e impresión 3D ou a visita e talleres no Castro de Viladonga.

 

O alumnado novo pode elixir entre numerosas actividades nas diversas áreas do coñecemento, como demostracións de química e robótica, talleres de clínica veterinaria, nutrición, roles de xénero, traballo en equipo, técnicas agrícolas, visitas ao Hospital Veterinario Rof Codina ou á Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias.

 

Para todos os participantes ofertaranse 27 proxectos que realizan polas tardes en grupos moi reducidos e que presentarán en forma de vídeo na tarde do venres. O alumnado de fóra de Lugo conta con aloxamento coa tutela de monitores titulados e, como novidade nesta edición, ofértase un programa lúdico para todos os participantes á saída do campus, a partir das 18.00 horas.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.