Skip to main content

O campus de verán Xuvenciencia Lugo 2016 bota a andar este luns na Facultade de Veterinaria con 133 participantes

El campus de verano Xuvenciencia Lugo 2016 echa a andar este lunes en la Facultad de Veterinaria con 133 participantes
El campus de verano Xuvenciencia Lugo 2016 echa a andar este lunes en la Facultad de Veterinaria con 133 participantes
Despois do éxito dos pasados anos volve o IV Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no que máis de cento trinta estudantes de ensino medio de Galicia vivirán unha semana de...
Lugo

Despois do éxito dos pasados anos volve o IV Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no que máis de cento trinta estudantes de ensino medio de Galicia vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; o deputado provincial Álvaro Santos, e a profesora na Facultade de Ciencias da USC e coordinadora deste programa, Mercedes Novo, inaugurarán este luns 27 de xuño, a partir das 9.30 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, a cuarta edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo 2016, no que formalizaron a súa inscrición 133 estudantes preuniversitarios.

 

O catedrático da USC Ángel Carracedo abrirá de seguido a quenda de actividades programadas neste campus de verán cunha charla divulgativa que, a xeito de relatorio inaugural, se desenvolverá baixo o título ‘Xenes, linguas e historia’. 

Consulta aquí o programa completo.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.