Skip to main content

DivulgaTerra 2020

“DivulgaTerra. Petiscos de divulgación científica” consiste nun conxunto de presentacións de 10 minutos de duración, organizadas en sesións temáticas, nas que pode participar calquera investigadora ou investigador do Campus que queira presentar en galego e cun ton divulgativo o seu ámbito de investigación ou traballo concreto que está levando a cabo.

CANDO SE CELEBROU?

DivulgaTerra 2020 celebrouse os días 1 e 3 de decembro de 2020 na Casa do Saber, con retransmisión en directo en YouTube. Estes son os relatorios desta edición:

 

"Migrantes e mobilidade precovid. Unha análise sobre os fluxos migratorios do século XXI."
"‘Pan Galego’ con garantías"
"Marcos de Torres, un pintor de Valladolid na Catedral de Lugo no século XVI"
"Que sabemos da variación do perfil de ácidos graxos no leite de bovino nas explotacións galegas?"
"Que foi antes, o vaso ou a xema?"
"Viticultura de precisión: mito ou realidade?"
"Bares, que lugares!"Ocio e conflito na cidade de Lugo nos anos sesenta."
"Microbioloxía e cine O caso da resistencia aos antibióticos"
"Cal é a lingua do amor dos raposos?"
"Ulindo baixo a auga."
"A arquitectura descoñecida do ADN"
"O ouro... só nas xoias?"
"Homes, mulleres e STEM"
"Da penicilina á COVID-19: grandes científicas na sombra."
The contents of this page were updated on 03.31.2022.