Skip to main content

Entregados os premios do I Concurso de deseño de portadas para TFG de Enfermaría

Inés López Carral e Ana Isabel Silveira, nos extremos da imaxe, xunto coas premiadas no concurso de deseño
Inés López Carral e Ana Isabel Silveira, nos extremos da imaxe, xunto coas premiadas no concurso de deseño

Xulia Fandiño Piñeiro é a gañadora do primeiro Concurso de Deseño de Portadas para o Traballo Fin se Grao de Enfermaría, convocatoria na que tamén acadaron accésits Eva Trigo Carballo e Lorena Calviño Sampedro. A entrega dos galardóns celebrouse na Facultade de Enfermaría de mans da vicepresidenta do Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña, Inés López Carral, e da decana do centro Ana Isabel Silveira Rodríguez.

Esta é unha convocatoria de Enfermaría en cuxa organización colaboran Urxencias Sanitarias 061 así como o Colexio profesional. Na mesma xornada, o centro inaugurou a Sala de Lecer ‘Isabel Zendal Gómez’, considerada pola Organización Mundial da Saúde como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

The contents of this page were updated on 03.16.2018.