A figura do valedor xurde na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1996, cando se crea dotándoa dun Estatuto propio. Inicialmente denominouse como Valedor do estudante e demáis membros da Comunidade Universitaria. Con posterioridade consolídase coa súa inclusión nos Estatutos da Universidade, nomeadamente no art. 11 dos mesmos.
No ano 2006 desenvólvese o novo Estatuto do Valedor da Comunidade Universitaria polo que se rexe na actualidade. No Claustro Universitario celebrado o día 22 de decembro de 2016 modifícase o Estatuto.
Valedor actual:
Miguel Alcaraz García
Profesor titular do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. Ocupa o cargo de Valedor dende o ano 2012.

Valedores anteriores:
Florencio Arce Vázquez
Catedrático do Departamento de Química Física. Primeiro Valedor da USC, exerceu a función como tal dende o ano 1996 ata o ano 2012.
