Quen pode participar neste proxecto?
- Estudantado de último curso de Grao ou Máster (matriculados no presente curso académico)
- Titulados/as de Máster no curso 2023/2024
- Graduados/as no curso 2023/2024
Quedan excluídas as persoas que participaran como “mentorizadas” en convocatorias anteriores deste proxecto ou en programas de mentorización de similares características.
A Área de orientación laboral seleccionará entre os solictantes os candidatos que reunan o perfil adecaudo para participar neste proxecto
Que obxectivos persegue o proxecto mentoring USC: Desenvolvemento profesional?
Poñer en contacto ao estudantando de máster, graduados/as ou último ano de grao (mentorizados/as) con profesionais e persoal directivo de empresas (mentores/as), co fin de que estes poidan orientalos e apoialos no desenvolvemento da súa carreira profesional.
Quen pode ser mentor ou mentora?
Pode actuar de mentor ou mentora os directivos/as, profesionais ou emprendedores/as con ampla bagaxe profesional e preparación de áreas afíns ao alumnado que participa, asi mesmo, deben compromentarse a dedicar unha pequena parte do seu tempo a escoitar as inquedanzas dos/as estudantes, compartir con eles os seus coñecementos e experiencias, aconsellalos para que poidan explotar mellor as súas fortalezas e aproveitar as oportunidades da súa contorna.
Que recoñecemento terán os mentores e mentoras participantes no proxecto?
A empresa ou organización á que pertenza o mentor ou mentora visibilizarase na páxina web da USC. Tamén se dará difusión dun breve currículo dos mentores e mentoras, sempre e cando o autoricen. Ademáis a USC organizará un acto no que se dará visibilidade aos mentores e mentoras, así como ás empresas colaboradoras, aproveitando este momento para facer entrega da acreditación como colaborador/a da USC neste proxecto.
Cal é o tempo de dedicación ao proxecto mentoring USC: Desenvolvemento profesional?
O mentor ou mentora comprométese a asistir ao acto de presentación do proxecto, e a manter polo menos catro reunións có alumno/a mentorizado/a, de forma presencial ou por medios telemáticos, durante os cinco meses que dura o proxecto.
Novas relacionadas
Chega unha nova edición do Proxecto Mentoring para mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral
O prazo de inscrición desta convocatoria, na que colaboran un cento de profesionais como mentoras e mentores, remata o 18 de outubro
Read moreSesións informativas do Proxecto Mentoring USC. Convocatoria 2023-24
Estas xuntanzas marcan o inicio do proceso de selección de participantes.
Read more