Unha mostra repasa en Enfermaría a traxectoria de Elvira López Mourín
A Facultade de Enfermaría inaugurou este luns 17 a exposición 'Elvira López Mourín: unha enfermeira de altura' organizada pola Academia de Enfermaría de Galicia e o Colexio de Enfermaría de Lugo. Nada en Láncara en 1893, López Mourín entra a formar parte en 1918 da primeira promoción de enfermeiras profesionais da Cruz Vermella xunto a outras catro compañeiras. A mostra permanecerá aberta ao público ata o día 21 deste mes.
O 1 de novembro de 1922 participa, de forma voluntaria, no primeiro voo en misión sanitaria da aviación española, realizado durante o conflito bélico do Rif. A súa decisión converteuna non só na primeira enfermeira que participou neste primeiro voo sanitario realizado en España, senón tamén no primeiro transporte aéreo de feridos e nun dos primeiros voos nocturnos da aviación española fitos dos que se cumpre un século o vindeiro 1 de novembro de 2022.
O acto que se desenvolveu no Salón de Actos do centro, contou coas intervencións de Ana Isabel Silveira Rodríguez, decana da Facultade de Enfermería da USC; Isidoro Rodríguez Pérez, presidente da Academia de Enfermaría de Galicia; Miguel Ángel González Canomanuel, médico investigador; Emilio Rubén Pego Pérez, profesor da Facultade de Enfermaría da USC; Lourdes Bermello López, presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo e integrante da Académica da Academia de Enfermaría de Galicia. Trátase dunha exposición itinerante que chega a Compostela tras pasar pola Escola Universitaria de Lugo da USC, entre outras localizacións.