En 2016, a Universidade de Santiago de Compostela aprobou o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Esta actividade de formación pretende achegar o protocolo ao PDI e o PAS do Campus de Santiago.
Obxectivos
- Comprender o concepto de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero e as súas principais características.
- Coñecer e afondar no Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.
- Descubrir a percepción social e a realidade do fenómeno no ámbito universitario.
- Deseñar unha proposta de prevención.
Contidos
1. O acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero.
- Concepto.
- Delimitación lexislativa e modelos teóricos.
- Tipoloxía.
- Persoas involucradas.
- Acoso na universidade.
2. Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC.
- Obxectivos.
- Conceptos.
- Persoas destinatarias.
- Órganos competentes.
- Procedemento.
- Comportamentos constitutivos de acoso na USC.
3. Percepción e situación actual.
Metodoloxía
A metodoloxía será activa e participativa, combinando a exposición de contidos por parte da responsable da actividade co traballo das persoas asistentes á mesma, ben de maneira individual ou en pequeno grupo.
Docentes
Milena Villar Varela. Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.
Colectivo ao que vai dirixido
Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos do Campus de Santiago.
Duración
A duración do proceso formativo será de 6 horas (4 presenciais e 2 non presenciais).
Datas de celebración e lugar de celebración
- 20 de outubro de 2022 das 10:30 ás 13 h
- 27 de outubro de 2022 das 10:30 ás 12 h.
Aula 19. Facultade de Dereito.
Matrícula
- Programa de Formación e Innovación Docente Matrícula
- Programa de formación para o PAS Solicitude