Xornada de formación.
Actividade financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade que fai parte do percurso formativo "O acoso sexual e as novas formas de violencia sexual", recoñecido con 1 crédito ECTS para todas as titulacións de grao da USC.
Programa
- 10:15 h. Inauguración da xornada.
- 10:30 h. Guía de actuación ante un caso de submisión química. Francisco José Aramburu Vilariño, director de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
- 11:30 h. A submisión química desde o punto de vista toxicolóxico. Inés Sánchez Sellero, profesora da Facultade de Medicina da USC.
- 12:30 h. Pausa.
- 12:45 h. A cobertura mediática das picadas a mulleres. Cláudia Morán Mato, Xornalistas Galegas.
- 13:45 h. Pausa para xantar.
- 16:00 h. As consecuencias psicolóxicas dos novos tipos de violencia. Sara Purcell Sobrino. Unidade de Atención Psicolóxica da USC.
- 17:00 h. Novas formas, vellas trampas: as estratexias de violencia sexual online. Patricia Alonso Ruido, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
- 18:00 h. Pausa.
- 18:15 h. Retos actuais para a mellora da investigación dos delitos sexuais e do tratamento ás vítimas. Ana López-Suevos. Maxistrada titular do Xulgado de instrución número 1 de Santiago de Compostela.
-
Data: 11 de novembro de 2022 ás 10:15 horas.
-
Lugar: Visionado 1. Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus Norte.
-
Número de prazas: 80 persoas.
-
Inscrición gratuíta neste formulario.
-
Prazo de inscrición: pechado.
-
Entregarase diploma acreditativo de asistencia.