Percurso formativo sobre o acoso e as novas formas de violencia.
O ciclo está dirixido a estudantes da USC e inclúe diferentes actividades formativas ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade.
O percurso formativo integra:
Para o obter o recoñecemento de 1 crédito ECTS a participación neste percurso ofrece dúas opcións:
- 1.ª opción: Asistir ás tres actividades e facer entrega dun traballo persoal, por escrito, cunha extensión de 1500 palabras, que consistirá nunha reflexión sobre o aprendido nas tres actividades.
- 2.ª opción: Asistir a dúas das tres actividades e facer entrega dun traballo persoal, por escrito, cunha extensión de 3000 palabras, que consistirá nunha reflexión sobre o aprendido nas dúas actividades e unha análise, ben do protocolo de acoso da USC, ben do protocolo de actuación sobre delitos sexuais do Xulgado de Santiago de Compostela.
Debe realizarse o 90 % do total das horas para optar ao seu recoñecemento.