Curso impartido por Teresa Moure Pereiro e Jorge García Marín.
Curso para estudantes de doutoramento para iniciarse na perspectiva de xénero e as súas repercusións no marco da investigación científica, dando a coñecer as achegas teóricas máis relevantes do pensamento feminista, e para fomentar o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria, acadar valores de cohesión social fronte aos modelos competitivos vixentes, e dar a coñecer ferramentas para incorporar a perspectiva de xénero á tese de doutoramento.
- Localización: Santiago.
- Modalidade: Presencial.
- Número de prazas: 20.
- Duración: 16 horas.
- Datas de desenvolvemento da actividade: 04-05-2022 - 31-05-2022.
- Máis información: na sección de formación da web da EDIUS.
- Prazo de matrícula na actividade: 19/04/2022 - 26/04/2022