Sétima edición (2022)
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, convoca o VII Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero.
- Obxecto: Creación de lemas para a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 140 caracteres.
- Dirixido: A alumnado da USC matriculado no curso 2022-23.
- Prazo de presentación: Ata o 2 de novembro de 2021.
- Tramitación: Formulario de participación.