O grupo de investigación Esculca organiza a primeira edición da Xornada en prol da Igualdade de Xénero offline e online: do sexting á sextorsión na que se abordarán os resultados do estudo Do sexting á sextorsion: avaliación das novas formas de violencia sexual online no colectivo universitario.
Trátase dun estudo financiado pola Convocatoria de axudas á investigación da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de proxectos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Igualdade, ano 2022). Ademais, afondarase neste tipo de violencias sexuais en liña reflexionando sobre as claves para a súa intervención pedagóxica.
A xornadas está aberta a toda a comunidade universitaria e celebraranse no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación na mañá do venres 4 de novembro.
- Data e horario: 4 de novembro de 2022 de 10 a 14 h.
- Lugar: Salón de Actos. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida
- Inscrición: gratuíta.
- Máis información; na web de Esculca.