Existen distintas saídas profesionais do Grao pero os perfís máis consolidados son os seguintes:
- Exercicio da profesión de Graduado Social, unha vez colexiados/as no Colexio Profesional de Graduados Sociais. Son peritos na rama social do Dereito, con lexitimación para a intervención en procesos xudiciais na área do Dereito Laboral e da Seguridade Social.
- Axentes de Emprego e Desenvolvemento Social.
- Axentes de conciliación, técnicos de orientación e intermediación laboral.
- Acceso á Administración Pública:
- Técnicos da Seguridade Social.
- Interventores da Seguridade Social
- Inspectores de Traballo e Seguridade Social
- Inspectores de Facenda do Estado
- Ensino Secundario...
- Acceso á contratación por conta allea, podendo realizar dentro da empresa tarefas como:
- Responsable do Departamento de Prevención de Riscos Laborais.
- Responsable da Xestión e Dirección de Recursos Humanos.
- Responsable da Xestión do Departamento de Administración (elaboración de contratos, asesoramento laboral, fiscal, contable, en materia de Seguridade Social...)
- Auditorías sociolaborais para o control e avaliación da xestión de recursos humanos
- Formadores e Técnicos para a inserción laboral.