Cotas e prezos da atención educativa e dos servizos complementarios.
Prezos da atención educativa por xornada
O prezo que deberán aboar mensualmente os/as usuarios/as pola atención educativa durante o curso 2024/2025 será:
Xornadas | Prezo |
Xornada completa | 300 euros |
Media xornada | 175 euros |
Media xornada + 1 hora | 200 euros |
Os/as nenos/as con residencia en Galicia terán unha bonificación do 100% pola atención educativa ao abeiro do Convenio coa Consellería de Política Social para o fomento da gratuidade da atención educativa, o que constará no xustificante mensual.
Ás persoas que non estean empadroadas en Galicia aplicaráselle o prezo sinalado nesta convocatoria.
A non asistencia á escola durante un determinado período non supón a redución nin exención algunha, tanto na posible cota pola atención educativa como nos servizos complementarios solicitados.
A non asistencia á Escola Infantil durante período de 15 días sen xustificar será causa de baixa no centro (artigo 11 do Regulamento de Réxime Interno)
Prezos e petición de servizos complementarios
Prezo do servizo | Mes | |
Comedor | ||
Con RPD igual ou menor | 2.100,00 € | 0 € |
Con RPD entre | 2.100,01 € e 20.000 € | 76 € |
Con RPD por enriba de | 20.000,01 € | 100 € |
Merenda | agás con RPD inferior a 2.100 € | 22 € |
Dar comida traída da casa* | agás con RPD inferior a 2.100 € | 38 € |
* Establécese exclusivamente para dous casos: 1. Bebés; 2. Nenos/as con praza de comedor, pero que están no período de introdución de alimentos, ata que poidan comer os menús da escola.
No impreso de solicitude deberá marcar se precisa algún dos servizos anteriores. No caso dos bebés é obrigatorio marcar a caixa Dar comida traída da casa.
Todas as solicitudes relativas a cambios de quenda ou variacións nos servizos deberán dirixirse ao Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado a través do correo electrónico escolainfantil.informacion [at] usc.es (escolainfantil[dot]informacion[at]usc[dot]es).
Estas solicitudes deberán facerse como mínimo no mes anterior ao afectado polo cambio, e deberán ter unha causa xustificada. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación que xustifique o cambio solicitado (certificado médico, documento de estancia de investigación etc.)
Os/as nenos/as poderán ter acceso ao servizo de comedor ou á merenda en días soltos sempre que se solicite cunha antelación suficiente e xustificando a necesidade de acceder a este servizo de xeito puntual, aboando o prezo de 5 € para a comida e 2 € para a merenda. As solicitudes dirixiranse ao Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, a través do correo electrónico escolainfantil.informacion [at] usc.es (escolainfantil[dot]informacion[at]usc[dot]es).
O acceso á escola para deixar e recoller aos nenos/as farase, no caso dos membros da comunidade universitaria, coa Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI). Ás persoas que non dispoñan de TUI se lles proporcionará un dispositivo de acceso persoal que deberán devolver cando o/a seu fillo/a remate a estancia na escola.