Skip to main content

Dispoñible RefWorks Citation Manager (RCM) para Microsoft Word 365

RefWorks
RefWorks
A comunidade da USC atopará este xestor bibliográfico tanto na versión de Word para navegador como na de escritorio
Lugo, Santiago de Compostela

O xestor de referencias bibliográficas RefWorks Citation Manager (RCM) xa pode ser utilizado desde a versión institucional de Microsoft Word 365, ben a través do navegador ou no procesador de texto instalado no escritorio. Para utilizar RCM non é necesario descargar ningún programa  como ata o de agora, basta con premer na lapela RCM do menú principal e identificarse cos datos de usuario e contrasinal da nosa conta de RefWorks.

RCM en Micorsoft Word

No caso de ter instalada no escritorio unha versión antiga de Word, a lapela de RCM non aparecerá, polo que debe contactar co CAU para que se leve a cabo unha actualización do programa.

Este xestor permite introducir citas en diferentes formatos, cambiar o estilo destas en calquera momento, actualizar documentos e referencias, así como mudar o idioma ou contactar co soporte de RefWorks a través dun formulario. 

Á hora de utilizar RCM debemos ter en conta o seguinte:

  • Non é posible mesturar métodos para crear bibliografías: as citas que se inseriron con Write-N-Cite non son compatibles con RCM; así mesmo calquera cita inserida con RCM non é compatibe con Write-N-Cite.
  • Toda edición manual realizada nas citas do documento anularase cando este se actualice. É recomendable que as devanditas edicións sexan realizadas unha vez o documento estea finalizado.

Tamén aparece dispoñible en Word a aplicación Mendeley Cite, estando accesible dende a lapela de Referencias para aqueles usuarios que teñan conta neste xestor bibliográfico.

Mendeley Cite en Word

Para máis información podes consultar a guía actualizada de RefWorks premendo aquí. Lembra que tamén podes solicitar axuda do  persoal da biblioteca do teu centro.

The contents of this page were updated on 05.23.2023.