Skip to main content

Variación e cambio lingüístico, a debate en Filoloxía

O encontro desenvólvese en Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
O encontro desenvólvese en Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
A segunda edición desta xornada, impulsada polo ILG e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro, mantén aberto o prazo para o envío de propostas de comunicacións orais, que concorden coa temática do encontro, ata o 15 de xuño
Santiago de Compostela

A segunda edición da  Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro, mantén aberto o prazo para o envío de propostas de comunicacións orais, que concorden coa temática do encontro, ata o 15 de xuño. A xornada desenvolverase o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC e abordará o estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos.

O encontro contará coa participación de Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e de Leonardo Marcotulio, da Universidade de Aveiro. Molina falará sobre procesos de variación e cambio en Madrid e afondará no papel das identidades na formación de ‘rexiolectos’. Pola súa parte, o profesor Marcotulio  ofrecerá a conferencia ‘Há variedades sem identidade linguística? Novos dados sobre o português falado em Aveiro’.

As conferencias e comunicacións presentadas na xornada serán publicadas na revista Estudos de Lingüística Galega, tras superar o proceso de revisión establecido pola publicación. Na páxina web da xornada pódese ampliar a información sobre o encontro.

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 06.07.2023.