Skip to main content

Ampliado ata o 29 de xuño o prazo de inscrición no Campus Emprende Verán 2023

Detalle do cartel
Detalle do cartel
A finalidade deste programa da AVTE é que o alumnado poida desenvolver un proxecto empresarial de éxito
Santiago de Compostela

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC amplía o prazo de inscrición no Campus Emprende Verán 2023 ata o 29 de xuño. Esta iniciativa diríxese a estudantado que teña unha idea de negocio baseada no seu Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Mestrado (TFM), tese de doutoramento ou nun concepto innovador para que poida desenvolver un proxecto empresarial de éxito. O Campus Emprende Verán 2023 terá lugar de forma presencial en Compostela (Centro de Estudos Avanzados), do luns 3 ao venres 7 de xullo de 2023; e en Lugo (Edificio Cactus) do luns 10 ao venres 14 de xullo.

A participación pode ser individual ou en equipo e a formación apostará por un modelo participativo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, que combinará a exposición de especialistas, charlas con persoas emprendedoras e titorías personalizadas telemáticas, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Como resultado da formación, o último día de cada campus as iniciativas participantes expoñerán o seu modelo de negocio diante do claustro formativo. 

Ferramentas de xestión estratéxica que permitan analizar e crear modelos de negocio como é o caso de CANVAS, o estudo de mercado, e os plans organizativo e financeiro serán algúns dos temas abordados xunto coa exposición de exemplos emprendedores.  
 

The contents of this page were updated on 06.26.2023.