Skip to main content

CURSO

Introdución ao uso de Mathcad

09.18.2023-10.11.2023 | 16.00h-19.00h

Facultade de Ciencias, Campus Terra, Lugo
Aula de Informática Nº 1

Organizer: Facultade de Ciencias

Resolveranse exercicios prácticos aplicando Mathcad ás diferentes áreas de interese dos asistentes: Química, Física, Matemática, Estadística, Enxeñería, Contabilidade e Economía, Bioquímica etc.
Curso validado polo PFID

Introdución ao uso de Mathcad
Introdución ao uso de Mathcad

INSCRICIÓN

DATA:18,19,20 de setembro e 9, 10 e 11 de outubro

HORARIO16:00-19:00 horas

CONTIDO:

  1. Mathcad e a súa contorna de traballo.
  2. Uso de unidades, Ficheiros de datos e Gráficos.
  3. Traballo simbólico e Axustes lineais.
  4. Vectores, Matrices e Táboas de datos.
  5. Bloque de solución e Axustes non lineais.
  6. Interacción con Excel e Programación

PROGRAMA:

 

Clase 1 (18 de setembro de 2023, 16 – 20 h) – Contorna de traballo e primeiros cálculos:

  • Por que Mathcad? Vantaxes respecto ao resto de programas matemáticos.
  • Introdución á interface de Mathcad. Rexións matemáticas e de texto.
  • Definición de constantes, de variables de varios tipos e de funcións.
  • Edición de ecuacións matemáticas.
  • Precedencia e definición global.
  • Formato de rexións matemáticas, de texto e do documento.

Clase 2 (19 de setembro 2023, 16 – 19 h) – Uso de unidades, Ficheiros de datos e Gráficos.

  • Utilización de parámetros e funcións con unidades: comprobación dimensional.
  • Funcións para a entrada e saída de datos.
  • Creación de gráficos 2D e 3D con Mathcad.
  • Compoñente para gráficos: elaboración de figuras de calidade.
  • Rexións colapsables.

Clase 3 (20 de setembro, 16 – 19 h) Traballo simbólico e Axustes lineais.

  • Traballo simbólico en Mathcad: operacións algebraicas, integración e derivación.
  • Funcións para a interpolación numérica de datos.
  • Uso de Mathcad para realizar axustes lineais.
  • Análise de datos e representación gráfica de modelos axustados.

Clase 4 (9 de outubro de 2023, 16 – 19 h) – Vectores, Matrices e Táboas de datos.

  • Traballo con vectores e matrices en Mathcad.
  • Axuste de datos a modelos polinomiales mediante operacións con matrices.
  • Creación e manipulación de Táboas en Mathcad.

Clase 5 (10 de outubro de 2023, 16 – 19 h) – Bloque de solución e Axustes non lineais.

  • Uso do Bloque de solución para resolver problemas complicados en Mathcad.
  • Uso de Mathcad para realizar axustes non lineais.
  • Avaliación dos erros nos parámetros e da calidade do axuste.

Clase 6 (11 de outubro de 2023, 16 – 19 h) – Interacción con Excel e Programación.

  • Integración de PTC Mathcad con Microsoft Excel.
  • Programación en Mathcad.
  • Preparación do Proxecto Final

A última parte de cada clase (aproximadamente 1 h) dedicarase a resolver exercicios prácticos onde se utilizará o visto nesa clase, aplicando Mathcad ás diferentes áreas de interese dos asistentes: Química, Física, Matemática, Estadística, Enxeñería, Contabilidade e Economía, Bioquímica etc.

Acreditación: Os asistentes que terminen o curso con recoñecemento de “apto” recibirán un diploma que acredita as 30 h de formación recibida.

Prezo: gratuíto.

 

Proxecto Final (válido por 10 h de traballo): para completar as 30 h correspondentes ao curso, este culmina coa elaboración dun traballo no que se deben utilizar varios dos contidos, ferramentas e funcións de Mathcad aprendidos, aplicándoos a un tema elixido por cada asistente. Durante todo o curso proporcionaranse recursos e axuda para a aprendizaxe e o uso de Mathcad.

COORDINAJorge A. Carrazana

IMPARTEJorge A. Carrazana García (Departamento de Química‐Física, Facultade de Ciencias da USC)

The contents of this page were updated on 09.12.2023.