Skip to main content

Curso

Módulo básico de iniciación ao manexo de ferramentas QGIS

26/09/2023 - 15.30 horas

O obxectivo do seminario que comeza este martes no edificio Cactus de Lugo pasa por achegar coñecementos sobre o software QGIS para a creación, edición, análise e presentación de información xeográfica, tanto en formato vectorial como ráster



Cartaz do curso
Cartaz do curso

O edificio Cactus do Campus de Lugo da USC acolle este martes, a partir das 15.30 horas, a primeira sesión formativa do curso básico de manexo de ferramentas de software QGIS, un módulo incluído no programa de formación do Campus Terra 2023 e que terá continuidade os días 28 de setembro, 3, 10, 17 e 19 de outubro en quenda de tarde, de 15.30 a 18.00 horas.

O curso, impartido por Lucía Trancón Loureiro, Xurxo Loureiro Veira y María J. Iniesto Alba, ofrece un total de 30 prazas e está estruturado arredor de cinco sesións de docencia presencial que se completarán con cinco horas adicionais de traballo autónomo por parte dos participantes.

O programa do curso, para o que aínda está aberta a inscrición en liña, inclúe conceptos básios de SIX e a interface do programa QGIS, capas vectoriais e ferramentas para o seu manexo, emprego e creación de simboloxías, manexo de información espacial e elaboración de mapas con QGIS.

The contents of this page were updated on 09.22.2023.