Skip to main content

Programa de formación de Wiley para autores

Programa de formación Wiley Outono 2023
Programa de formación de Wiley para autores Outono 2023
A editora oferta oito webinarios entre os meses de setembro e decembro para dar a coñecer os Acordos Transformativos e axudar aos autores no proceso de publicación dos seus traballos. É necesaria inscrición previa.

Wiley oferta oito obradoiros web dirixidos a autores co obxectivo de facilitarlles a publicación de artigos nas revistas da editora e darlles a coñecer os Acordos Transformativos asinados coa CRUE- CSIC.

Estas sesións, dispoñibles en inglés e español, estarán orientadas a axudar en todos os pasos do proceso de publicación, desde elexir a revista correcta ata publicar en acceso aberto. Para participar é necesaria inscrición previa.

Seminarios web ofertados:

  • Fluxo de traballo para publicar en revistas de acceso aberto gold e híbridas. 12 de setembro. 16 horas
    Inscribirse
  • Publish with Wiley: Scientific Writing Tips for Non-Native English Speakers (en inglés). 21 de setembro. 17 horas.
    Inscribirse
  • Como elexir a revista axeitada para o seu manuscrito coa editora Dr. Rosalba A. Rincón. 28 de setembro. 17 horas.
    Inscribirse
  • Step by Step Guide to Writing a Literature Review (en inglés).  2 de outubro. 20 horas.
    Inscribirse
  • Fluxo de traballo para publicar en revistas de acceso aberto gold e híbridas de Wiley. 17 de outubro. 16 horas.
    Inscribirse
  • Publique hoxe en acceso aberto nas revistas de Wiley co acordo transformativo. 8 de novembro. 16 horas.
    Inscribirse
  • Librarian Education Series: Understanding Copyright for Journal Authors (en inglés). 14 de novembro. 17 horas.
    Inscribirse
  • Publique hoxe en acceso aberto nas revistas de Wiley co acordo transformativo. 6 de decembro. 16 horas.
    Inscribirse

Se queres coñecer máis sobre os Acordos Transformativos podes consultar a guía da BUSC.

The contents of this page were updated on 09.25.2023.