Aula de Informática 5
Organizer: Facultade de Veterinaria
Coñecer o funcionamento básico de follas de cálculo para a súa aplicación nas tarefas de xestión do Persoal de Administración e Servizos.
DATAS: 21,22, 28 e 29 de setembro e 19 e 20, 26 e 27 de outubro
HORARIO: 9:00h a 11:30h. 20 horas presenciais e 5 horas de traballo do estudante.
CONTIDO:
A actividade formativa formúlase como un Curso Básico de Follas de Cálculo con Microsoft Excel na versión do Office 365. Sen precisar coñecementos previos preténdese ir aplicandos as funcionalidades máis básicas do programa a exemplos prácticos do día a día na xestión da información. Mediante sinxelas explicacións teóricas e a realización de pequenos exemplos afondarase noutras utilidades deste paquete ofimático, de maneira que sexa capaz de desenvolver unha folla de cálculo máis avanzada para nun proxecto global para o curso, que poida ser de aplicación no seu traballo.
PROGRAMA:
- Introdución.
- Formatos e estilos.
- Operacións con fórmulas e funcións básicas.
- Formularios, listas e filtros.
- Impresión.
- Táboas dinámicas.
- Gráficos dinámicos
MODALIDADE:
As sesións serán presenciais (Aula de Informática 5 da EPSE) e asíncronas, para facilitar a asistencia do PAS no seu horario laboral, retransmitidas por MS Teams. Os vídeos das sesións quedarán almacenados nun canal dun equipo de MS Teams como recurso didáctico, ademais dos guións do curso e os documentos de exemplo.
PREZO: gratuíto.
PRAZAS: 20.
COORDINA: Gonzalo Fernández Rodríguez. Facultade de Veterinaria
IMPARTE: Carlos Núñez Temes (Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC)