Skip to main content

Información académica

Información académica do Programa de doutoramento

O Perfil de Ingreso

1) Poderán acceder ao Programa sen complementos de formación os estudantes con título de Grao (ou equivalente) e título de Máster Universitario que proveñan de Másteres oficiais con temáticas afíns ao Programa de Doutoramento, por exemplo, Máster Interuniversitario en Investigación en Ciencias de la Visión (USC-U.Valladolid, U. Coimbra, U.Murcia, UCM, UMH),  Máster en Física Aplicada (UVigo -UdC ), Máster en Investigación en tecnologías y procesos avanzados en la industria (UVigo), Máster en Fotonica (UPC- UAB-UB-ICFO), Máster en Tecnologías Ópticas y de la Imagen (UCM), Máster en Fisica y Tecnologías de los Láseres (USAL), Máster en Física-Especialidad en Física de la Luz y la Radiación (USC),  Máster en Ingeniería Matemática (USC), etc.,  otras a determinar por la CAPD.

 

2) No caso daqueles alumnos que procedan de Másteres cuxo contido non sexa afín ao Programa de Doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD. Estes complementos de formación corresponderán, como máximo, a 15 ECTS.

3) En canto ao grao de coñecemento do idioma Inglés, é conveniente dispor de acreditación dun nivel intermedio B1 do devandito idioma (nivel establecido dentro do Marco Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas) e acreditado ante a CAPD mediante calquera certificación oficial. No caso de carecer da devandita certificación oficial a CAPD realizará as probas que considere oportunas: proba oral e/ou escrita e/ou entrevista persoal, para avaliar o coñecemento da lingua inglesa do alumno, pero sempre se lle recomendará que se adquira dita certificación durante os  primeiros anos do programa. O idioma de traballo preferente será o inglés. Un inglés científico considérase fundamental para o programa.

4) Finalmente, como información e recomendación complementaria ao proceso normativo de acceso e admisión no programa de doutoramento, é conveniente indicar algúns aspectos sobre actitudes, capacidades, coñecementos previos, idiomas, etc, que se consideran moi recomendables para aqueles estudantes interesados no programa de doutoramento:

  • a. Interese polas tarefas de investigación científico-técnica, en particular no ámbito do láser, a fotónica e a visión.
  • b. Saber realizar procuras bibliográficas sistemáticas sobre algún aspecto científico-técnico concreto.
  • c. Saber estruturar e desenvolver un traballo científico, tomando como base a experiencia adquirida no Grao e no Máster.
  • d. Posuír coñecementos sobre óptica en xeral e láser, fotónica e visión en particular. Cantas máis materias, cursos, etc. cursase o alumno relacionadas coa óptica máis fácil será o seu tránsito no programa.
  • e. Saber identificar e/ou formular problemas científicos e buscarlles solucións.

5) Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.

O PD oferta dúas grandes liñas de investigación: Tecnoloxía do Láser e Visión e Láser e Fotónica,   se ben dentro delas hai diferentes subliñas moi dinámicas. Pasamos a describilas de xeito breve (na sección Produción Científica preséntanse resultados científicos ilustrativos destas liñas de investigación)

1.-Tecnoloxía Láser e Visión

Nesta  primeira grande liña a investigación versa sobre a tecnoloxía láser para aplicacións en diferentes eidos (medioambiental, médico, industrial, ...), xunto coa  investigación en técnicas de avaliación de calidade visual, axudas instrumentais á visión, etc. Se ben a tecnoloxía Láser e a Visión poden  considerarse como dúas subliñas o uso do Láser en moitas das investigacións en Visión que se están a realizar xustifican a súa presenza nesta primeira grande liña. 

2.-Láser e Fotónica

Nesta segunda grande liña a investigación versa sobre aspectos nos que en xeral conflúen  a luz láser e a fotónica. Contempla unha miríada de subliñas que atinxen á óptica non lineal, láseres de alta potencia, láseres de moi alta potencia e a súa interacción coa materia, óptica e fotónica cuántica,  sensores e procesadores fotónicos  bulk ou integrados,  fibras ópticas e comunicacións ópticas (clásicas e cuánticas), materiais de interese fotónico, fotónica para astrofísica, ...

As actividades formativas específicas deben ser realizadas e superadas polos alumnos do Programa durante o período previo á defensa da Tese de Doutoramento. Ditas actividades son:

  1. A01 Seminarios formativos en temas de láser, fotónica e visión
  2. A02 Xornadas sobre valorización e transferencia de tecnoloxía
  3. A03 Participación en workshops dos estudantes do programa
  4. A04 Estancias curtas de investigación (opcional)
  5. A05 Actividade formativa de investigación

Estas actividades están recollidas de xeito máis pormenorizado na Memoria do PD en Láser, Fotónica e Visión. De seguido descríbense exemplos de realización destas actividades obrigatorias, a excepción da E1081A04, que só é obrigatoria no caso de optar á mención de "Doutor internacional".

Actividade A01.-O estudante deberá asistir a seminarios, charlas, conferencias, etc. relacionadas coa temática do láser, a fotónica e a visión. A asistencia  debe estar xustificada documentalmente. Por outra banda, a CAPD tamén  organizará seminarios formativos, e expedirá os correpondentes xustificantes de asistencia. Asemade, a asistencia a congresos poderase recoñecer como seminarios formativos, onde o titor/director deberá emitir un informe indicando as conferencias ou charlas, relacionadas coa temática antes indicada, ás que o alumno asistiu. 

Actividade A02.-O estudante deberá asistir a xornadas, cursos, charlas, etc., relacionadas coa temática I+D+i,  emprendimento, etc., de interese para a valorización e a transferencia de tecnoloxía, ou mesmo tamén  coa temática da concepción, planificación e execución de proxectos de investigación, difusión, protección e transferencia de resultados, etc. Asemade a participación en proxectos de investigación, como parte do equipo de traballo  en tarefas tanto técnicas como de xestión, poderase recoñecer como parte desta actividade.

Actividade A03.-O estudante deberá participar en workshops (obradorios) de estudantes do programa ou en outros obradoiros afíns en ciencia e tecnoloxía. A CAPD organizará workshops anuais (nestes momentos lévanse realizados varios obradoiros). Asemade, a presentación oral dun traballo científico nun congreso poderase recoñecer como parte desta actividade; dita presentación debe xustificarse documentalmente. 

Actividade A04.-Actividade opcional. É fortemente recomendada pola súa función formativa tanto a nivel científico como personal (coñecemento doutros centros de investigación, personal investigador, ...). Asemade, como xa foi comentado,  é requisito para obter a mención de "Doutor internacional" (tres meses de estancia, mínimo). En todo caso a estancia  require do informe previo e favorable de director/a ou directores, e da CAPD. Dita estancia xustificarase documentamente.

Actividade A05.-O estudante deberá publicar alomenos dous traballos científicos en revistas do seu ámbeto incluídas no Science Citation Reports, ou nunha editorial de prestixio recoñecido. Asemade, deberá participar alomenos nun congreso de ámbeto nacional ou internacional. Neste caso o congreso xa non poderá computar como Actividade E1081A03 nin como Actividade E1081A01.

A supervisión científico-académica dos estudos de doutoramento, e daquela da tese de doutoramento, vén realizada polo titor e director(es). A CAPD e/ou a SD-CAPD (Subcomisión Delegada) atenderá as necesidades xurdidas da tarefa de supervisión, tanto de estudantes como de titores e directores, co obxecto de facela harmónica e eficiente.

O seguimento científico-académico dos estudos de doutormento  afecta á elaboración e modificacións do plan de investigación, á solicitude de axudas e bolsas,  á validación das actividades formativas, á avaliación anual do doutorando, á duración dos estudos (ata o depósito da tese de doutoramento), mención internacional,  etc. Igualmente a CAPD e/ou a SD-CAPD atenderá e validará, segundo o establecido na normativa vixente, as tarefas de seguimento.

 

Ligazóns útiles:

Nas ligazóns: Información para doutorandos (USC) e Escola de Doutoramento Internacional da USC hai información específica da USC sobre o seguimento. Dita información é en xeral válida tamén para estudantes da UVIGO e da UDC, inda que se recomenda, segundo onde se matricule o estudante, botar tamén unha ollada ás webs das Escolas de Doutoramento das outras dúas universidades, onde ademais hai unha ampla información sobre plazos, matrícula,  documentos de admisión, etc. (Escola Internacional de Doutoramento da UVIGOEscola Internacional de Doutoramento da UDC, ).

 

1.-Competencias

Dacordo co RD 99/2011 que regula os estudos de doutoramento, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) é a responsable da súa definición, actualización, calidade e coordinación, así como do progreso da investigación e da formación e finalmente da autorización da presentación de teses de cada doutorando no programa (art. 2.8). Asemade a CAPD conta con Subcomisións Delegadas (SD-CAPD) en cada Universidade. Por razóns de axilidade administrativa e académica a CAPD ten delegadas en ditas SD-CAPD moitas das súas funcións.

2.-Composición da CAPD

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento  en Láser, Fotónica e Visión polas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo está composta por:

  • Liñares Beiras, Jesús (suso.linares.beiras [at] usc.es (suso[dot]linares[dot]beiras[at]usc[dot]es)) (Coordinador do programa e Presidente da CAPD e da SD-CAPD da USC) 
  • Moreno de las Cuevas, Vicente (vicente.moreno [at] usc.es (vicente[dot]moreno[at]usc[dot]es)) (secretario, USC)
  • Acosta Plaza, Eva Maria (USC)
  • Bao Varela , Mª del Carmen (USC)
  • Flores Arias, Maria Teresa  (USC)
  • Salgueiro Piñeiro, José Ramón (jsalgueiro [at] gmail.com (jsalgueiro[at]gmail[dot]com)) (Coordinador da SD-CAPD da UVigo)
  • Michinel Alvarez,  Humberto (UVigo)
  • Curty Alonso,  Marcos (UVigo)
  • Tobar Vidal,  María José (maria.jose.tobar [at] udc.es (maria[dot]jose[dot]tobar[at]udc[dot]es)) (Coordinadora da SD-CAPD da UDC)
  • Nicolás Costa, Ginés (UDC)
  • Yáñez Casal, Armando J. (UDC)

Subcomisións Académicas Delegadas da CAPD

  • Subcomisión Delegada da CAPD da  USC (Presidente: Jesús Liñares Beiras, suso.linares.beiras [at] usc.es (suso[dot]linares[dot]beiras[at]usc[dot]es))
  • Subcomisión Delegada da CAPD da UDC (Presidenta: María José Tobar Vidal, maria.jose.tobar [at] udc.es (maria[dot]jose[dot]tobar[at]udc[dot]es))
  • Subcomisión Delegada da CAPD da UVIGO (Presidente: José Ramón Salgueiro Piñeiro, jsalgueiro [at] gmail.com (jsalgueiro[at]gmail[dot]com))

3.-Contacto

Para información relativa aos aspectos académicos e científicos do Programa, dirixirse ao Coordinador do programa e Presidente da Comisión Académica
 
Jesús Liñares Beiras
Correo-e: suso.linares.beiras [at] usc.es (suso[dot]linares[dot]beiras[at]usc[dot]es)
Tlf. 881 813 501
Enderezo: Facultade de Física / Facultade de Optica e Optom.
Campus Vida (Campus Universitario Sur). 15782 Santiago de Compostela 
 
E, no seu caso, aos coordinadores nas universidades de
 
A Coruña
Tobar Vidal, María José
Correo-e: maria.jose.tobar [at] udc.es (maria[dot]jose[dot]tobar[at]udc[dot]es)
Tlf.: 981 337 400 ext.:3357
Enderezo: Escola Politécnica Superior
Campus de Esteiro, Rúa Mendizabal s/n. 15403, Ferrol (A Coruña)
 
Vigo
Salgueiro Piñeiro, José Ramón
Correo-e: jsalgueiro [at] gmail.com (jsalgueiro[at]gmail[dot]com)
Tlf. 988 387 212
Enderezo: Escola de Enxeñaría Aeoronáutica e do Espazo
Pabillón Manuel Martínez-Risco, Campus Universitario As Lagoas s/n. 32004 Ourense
 
 

Para consultas sobre trámites e xestión administrativa

Yolanda Lopez López
fasec [at] usc.es (fasec[at]usc[dot]es)
Secretaría Dpto. Física Aplicada, Facultade Física. USC
Teléfono 881814035
Enderezo: Facultade de Física
Campus Vida (Campus Universitario Sur).
15782 Santiago de Compostela

A USC é a Universidade Coordinadora do PD, daquela coordina as tarefas académicas e de xestión do PD naqueles aspectos contemplados na normativa e no correspondente convenio entre as universidades participantes. O SXOPRA (Servizo de Xestión de Oferta e Programación Académica, Colexio San Xerome) e a EDI (Escola de Doutoramento Internacional) son encargados das tarefas de xestión e académicas.

Na Memoria do Título de Doutor (ou Memoria do Programa de Doutoramento) en Láser, Fotónica e Visión, e no seu apartado 7, recóllense con detalle  os recursos de infraestrutura (laboratorios de investigación, despachos, salas, ...), de materiais de investigación (fontes e detectores fotónicos, instrumentación óptica e fotónica, informáticos, ...) e de servizos (bilbiográficos, de asesoramento, ...) de todos os centros implicados na impartición destes estudos de doutoramento, nomeadamente: Facultade de Física e Facultade Optica e Optometría da USC; Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas e Facultade de Ciencias de Ourense  da UVIGO;  Centro de Investigación Tecnolóxica do Campus de Ferrol da UDC.

De seguido preséntase unha relación de traballos científicos de distintos grupos de investigación aos que pertencen distintos profesores e directores de tese do PD, cos que se pretende ilustrar algunhas das achegas científicas máis significativas e/ou relevantes nos campos do Láser, a Fotónica e a Visión.

Grupos de Investigación da USC vinculados ao PD

 

GI-1487 - QMatterPhotonics 

GRUPO DE MATERIAIS CUÁNTICOS E FOTÓNICA 

O Grupo QMatterPhotonics adícase á investigación de materiais cuánticos (fundamentalmente nanoestruturados para electróns e/ou fotóns, supercondutores, materiais non lineais para óptica cuántica, etc.) e en dispositivos fotónicos integrados, interferométricos e opto-cuánticos. As tres imaxes que se mostran son resultados ilustrativos destes dispositivos (guía óptica integrada para sensores de campo evanescente, interferómetro Mach-Zehnder para multiplexación espacial mediante fase de Gouy, e aneis de emisión de bifotóns SDPC para tecnoloxía cuántica). De seguido se indican algunhas contribucións relevantes dos últimos anos da parte fotónica (na ligazón GI-1487 - QMatterPhotonics atópase  toda a información do grupo: membros, liñas de investigación, recursos, ...) 

Traballo que marcou o récord mundial de transmisión por fibra óptica 2012:  1.2 Pb/s. Neng Bai, Ezra Ip,Yue-Kai Huang, Eduardo Mateo, Fatih Yaman,1 Ming- Jun Li, Scott Bickham, Sergey Ten, Jesús Liñares, Carlos Montero, Vicente Moreno, Xesús Prieto, Vincent Tse, Kit Man Chung, Alan Pak Tao Lau, Hwa-Yaw Tam, Chao Lu, Yanhua Luo, Gang-Ding Peng, Guifang Li, and Ting Wang, Mode-division multiplexed transmission with inline few-mode fiber amplifier. Optics Express, Vol. 20, pp. 2668-2680. 2012. DOI: https://doi.org/10.1364/OE.20.002668

Traballo que propón  multiplexación espacial multimodal coa fase de Gouy: J. Liñares, X. Prieto-Blanco, C. Montero-Orille and V. Moreno, Spatial mode multiplexing/demultiplexing by Gouy phase interferometry, Optics Letters, Vol.42, pp. 93-96, 2017. DOI: https://doi.org/10.1364/OL.42.000093

Traballo que realiza experimentalmente a multiplexación de Gouy: J. Liñares, X. Prieto-Blanco, V. Moreno, C. Montero-Orille, D. Mouriz, M.C. Nistal and D.Barral, Interferometric space-mode multiplexing based on binary phase plates and refractive phase shifters, Opt.Express., Vol. 25, pp.10925.1- 14 2017. DOI: https://doi.org/10.1364/OE.25.010925

Traballo que indica como xenerar un vórtice opto-cuántico exacto.  D.Barral and J. Liñares, Comment on “Generating a perfect quantum op- tical vortex”, Phys.Rev A, Vol.96, pp.047802 2017. DOI: https://ddoi.org/10.1103/PhysRevA.96.04780 

Traballo que propón chips fotónicos integrados para control de estados cuánticos de Bell: D.Barral and J. Liñares, Engineering continuous variable and coherent state Bell-like states in a reconfigurable photonic chip, IEEE J.Quantum Electron., Vol. 53, pp.9300110.1-10 2017. DOI: https://doi.org/10.1109/JQE.2016.2640223

 

 

GI-1479 - P4Life  PHOTONICS4LIFE 

M. Blanco and M.T. Flores-Arias.Frequency gating to isolate single attosecond pulses with overdense plasmas using particle-in-cell simulations. Optics Express Vol. 25,  pp. 13372-13381 (2017) DOI: 10.1364/OE.25.013372

-M.Aymerich; E.Alvarez, C.Bao-Varela; I.Moscoso; JR Gonzalez-Juanatey; M.T. Flores-Arias. Laser technique for the fabrication of blood vessels-like models for preclinical studies of pathologies under flow conditions

Biofabrication in engineering, biomedical,Volumen 9, 1-7 . 2017.DOI: 10.1088/1758-5090/aa6c3d

-M.Blanco; C.Hernández-García, A.Chacón; M. Lewenstein; M.T.Flores-Arias and L.Plaja. Phase matching effects in high harmonic generation at the nanometer scale. Optics Express. Volumen 25. 14974-14985. 2017 DOI: 10.1364/OE.25.014974

-Juan Prieto-Pena, Faustino Gómez, Diego M Gonzalez- Castaño, M.T.Flores-Arias, J.Arines, C.Bao-Varela, F. Cambronero-López and Alejandra Martinez Maqueira,. Radiation characterization and dosimetric measurements of a Femto-second pulsed laser ablation system.Journal of radiological protection : official journal of the Society for Radiological Protection in Nuclear Science & Technology (4/33)Volumen 38 ,  716-730 .2018.DOI10.1088/1361-6498/aab627

-Miguel Olvera-Angeles, Alfonso Padilla-Vivanco, José Sasian, Jim Schwiegerling, Justo Arines and Eva Acosta, Effect of spherical aberration in trefoil phase plates on color wavefront coding

Japanese Journal of Applied Physics, Volume 57, Number 8S2DOI: 10.7567/jjap.57.08pf05

-Francisco Segura, Justo Arines, Ana Sánchez-Cano,  Lorena Perdices,  Elvira Orduna-Hospital,  Lorena Fuentes-Broto &  Isabel Pinilla, “Development of optokinetic tracking software for objective evaluation of visual function in rodents”,  Scientific Reports volume 8, Article number: 10009 (2018)                   

 DOI: 10.1038/s41598-018-28394-x

 -Citlalli Almaguer Gomez; Eva Acosta Plaza; Justo Arines-Piferrer ,Pupil size stability of the cubic phase mask solution for presbyopia. J.of Biomedical Optics, 23(1), 015002 (2018).DOI: 10.1117/1.JBO.23.1.015002

 -Patricia Sanmartín, Daniel Vázquez-Nion,  Justo Arines, Laura Cabo-Domínguez, Beatriz Prieto, Controlling growth and colour of phototrophs by using simple and inexpensive coloured lighting: A preliminary study in the Light4Heritage project towards future strategies for outdoor illumination

International Biodeterioration & Biodegradation, Volume 122, August 2017, Pages 107-115

DOI: 10.1016/j.ibiod.2017.05.003

 

GI-1488 - NaFoMat 

GRUPO DE NANOMATERIAIS, FOTÓNICA E MATERIA BLANDA

-Luis Miguel Varela Cabo, María Elena López Lago, Raúl de la Fuente Carballo, Yago Arosa Lobato.Spectrally resolved white light interferometry to measure material dispersion over a wide spectral band in a single acquisition.OPTICS EXPRESS, ISSN: 1094-4087. 2016 doi.org/10.1364/OE.24.017303

-María Elena López Lago, Raúl de la Fuente Carballo, Julio Antonio Seijas Vázquez, María del Pilar Vázquez Tato, Y Otros. Nonlinear absorption in ionic liquids with transition metallic atoms in the anion .OPTICAL MATERIALS, ISSN: 0925-3467.2016doi.org/10.1016/j.optmat.2015.12.024

-María Elena López Lago, Borja Docampo Álvarez, Victor Gómez González, Julio Ramón Rodríguez González, Luis J. Gallego del Hollo, Luis Miguel Varela Cabo, Oscar Cabeza, Trinidad Méndez- Morales. Molecular dynamics simulation of mixtures of protic and aprotic ionic liquids.PHYSICAL CHEMISTRY CHEMICAL PHYSICS, ISSN: 1463-9076.2016. DOI:10.1039/C6CP03700C

 

Grupos de Investigación da UVIGO vinculados ao PD

 

Optical Metrology Research Group  (FA1)

 

-MIRANDA, B.V. DORRÍO“Fourier analysis of two-stage phase-shifting algorithms”. J.Opt. Soc. Am. A, 27, 276-285 (2010) (doi: http://dx.doi.org/10.1364/JOSAA.27.000276)

-MIRANDA, V. ÁLVAREZ-VALADO V, B.V. DORRÍO, H. GONZÁLEZ-JORGE “Error propagation in differential phase evaluation” Optics Express, 18, 3199-3209 (2010) (doi: http://dx.doi.org/10.1364/OE.18.003199)

-MIRANDA, B.V. DORRÍO “Monte Carlo based techniques of two-stage phase shifting algorithms” Optics and Lasers in Engineering, 49, 439-444 (2011) (doi: 10.1016/j.optlaseng.2010.11.014)

-MIRANDA, B.V. DORRÍO, J. BLANCO, J. DIZ-BUGARÍN, F. RIBAS.“Characteristic Polynomial Theory of Two-Stage Phase Shifting Algorithms”Optics and Lasers in Engineering, 50, 522-528 (2012) (doi: http://dx.doi.org/10.1016/j.optlaseng.2011.09.002)

-DIZ-BUGARÍN, B.V. DORRÍO, J. BLANCO, M. MIRANDA, I. OUTUMURO, J. L. VALENCIA.“Design of an interferometric system for gauge block calibration”Optical Engineering, 52, 045601 (7 pp) (2013) (doi: http://dx.doi.org/10.1117/1.OE.52.4.045601)

-JAVIER DIZ-BUGARÍN, ISMAEL OUTUMURO-GONZÁLEZ, JOSÉ BENITO VÁZQUEZ-DORRÍO, JOSÉ LUIS VALENCIA-ÁLVAREZ, JESÚS BLANCO-GARCÍA.“Design of a New Microcontroller-Based Vernier Fringe Counter for Interferometric Measurement of Laser Wavelength”.IEEE Transactions on Instrumentation and Measurement, 65 (2), 407-412 (2016) (doi: http://dx.doi.org/10.1109/TIM.2015.2482258)

  

Optics Laboratory.U-Vigo

-Book chapter in V. Carmona, J. Cuevas-Maraver, F. Fernández-Sánchez, and E. García-Medina (eds.): "Nonlinear Systems, Vol. 1. Mathematical Theory and Computational Methods", pp. 145-174, Springer, Cham (2018).On Nonlinear Schrodinger Equation as a Model for Dark Matter .Angel Paredes and Humberto Michinel https://doi.org/10.1007/978-3-319-66766-9_5
-Edgar Figueiras, David Olivieri, Angel Paredes, Humberto Michinel.An open source virtual laboratory for the Schrodinger equation.European Journal of Physics 39, 055802 (2018)  .https://doi.org/10.1088/1361-6404/aac999

-Óscar Sampedro, Elisa Schaum, and José R. Salgueiro.Inexpensive remote monitoring system for freshwater mesocosms.Measurement 108, 41-47 (2017) https://doi.org/10.1016/j.measurement.2017.04.034

-Óscar Sampedro, and José R. Salgueiro. Remote photonic sensor to detect refined and crude oil. Applied Optics 56, 2150 (2017) -https://doi.org/10.1364/AO.56.002150 .OSA news release

-Anxo F. Biasi, Javier Mas, and Ángel Paredes.Delayed collapses of Bose-Einstein condensates in relation to anti-de Sitter gravity.Physical Review E 95, 032216 (2017).https://doi.org/10.1103/PhysRevE.95.032216

-Miguel Ángel García-March, Ángel Paredes, Mario Zacarés, Humberto Michinel, and Albert Ferrando.Photonic Nambu-Goldstone bosons.Physical Review A 96, 053848 (2017).https://doi.org/10.1103/PhysRevA.96.053848

-David Feijoo, Ángel Paredes, and Humberto Michinel.Dynamics of vortex-antivortex pairs and rarefaction pulses in liquid light.Physical Review E 95, 032208 (2017).https://doi.org/10.1103/PhysRevE.95.032208

 

Grupos de Investigación da UDC vinculados ao PD

Laboratorio de Aplicaciones Industriales del Láser (LAIL)

-A. Ramil, A. J. López, J.S. Pozo-Antonio, Teresa Rivas Brea.A COMPUTER VISION SYSTEM FOR IDENTIFICATION OF GRANITE-FORMING MINERALS BASED ON RGB DATA AND ARTIFICIAL NEURAL NETWORKS.Measurement Vol. 117 (págs. 90 a 95).2018.https://doi.org/10.1016/j.measurement.2017.12.006

-Ana Jesús López Díaz, J.S. Pozo-Antonio, Alberto Ramil Rego, Teresa Rivas BreaINFLUENCE OF THE COMMERCIAL FINISHES OF ORNAMENTAL GRANITES ON ROUGHNESS, COLOUR AND REFLECTANCE.CONSTRUCTION AND BUILDING MATERIALS Vol. 182 (págs. 530 a 540).2018.DOIhttps://doi.org/10.1016/j.conbuildmat.2018.06.144

-Teresa Rivas Brea, J.S. Pozo-Antonio, M.E. López de Silanes, Alberto Ramil Rego, A. J. López.LASER VERSUS SCALPEL CLEANING OF CRUSTOSE LICHENS ON GRANITE.APPLIED SURFACE SCIENCE Vol. 440 (págs. 467 a 476).2018

-María Paula Fiorucci Alsina, Ana Jesús López Díaz, Alberto Ramil Rego.MULTI-SCALE CHARACTERIZATION OF TOPOGRAPHIC MODIFICATIONS ON METALLIC BIOMATERIALS INDUCED BY NANOSECOND ND:YVO4 LASER STRUCTURING.PRECISION ENGINEERING-JOURNAL OF THE AMERICAN SOCIETY FOR PRECISION ENGINEERING Vol. 53 (págs. 163 a 168)2018. DOIhttps://doi.org/10.1016/j.precisioneng.2018.03.009 

- F. Vincitorio, L. Bahuer, María Paula Fiorucci Alsina, A. J. López, A. Ramil. IMPROVEMENT OF CRACK DETECTION ON ROUGH MATERIALS BY DIGITAL HOLOGRAPHIC INTERFEROMETRY IN COMBINATION WITH NON-UNIFORM THERMAL LOADS.Optik International Journal for Light and Electron Optics Vol. 163 (págs. 43 a 48).2018.DOIhttps://doi.org/10.1016/j.ijleo.2018.02.08

 

-R. Cerrato, A. Casal, Maria de la Paz Mateo Orenes, Ginés Nicolás Costa.DEALLOYING EVIDENCE ON CORRODED BRASS BY LASER-INDUCED BREAKDOWN SPECTROSCOPY MAPPING AND DEPTH PROFILING MEASUREMENTS.SPECTROCHIMICA ACTA, PART B: ATOMIC SPECTROSCOPY Vol. 130(págs. 1 a 6).2017. https://doi.org/10.1016/j.sab.2016.11.006

-Alberto Ramil Rego, Santiago Pozo, María Paula Fiorucci Alsina, Ana Jesús López Díaz, Teresa Rivas Brea.DETECTION OF THE OPTIMAL LASER FLUENCE RANGES TO CLEAN GRAFFITI ON SILICATES.CONSTRUCTION AND BUILDING MATERIALS Vol. 148 (págs. 122 a 130).2017.https://doi.org/10.1016/j.conbuildmat.2017.05.035

-Ana Jesús López Díaz, Alberto Ramil Rego, Santiago Pozo, María Paula Fiorucci Alsina, Teresa Rivas Brea.AUTOMATIC IDENTIFICATION OF ROCK-FORMING MINERALS IN GRANITE USING LABORATORY SCALE HYPERSPECTRAL REFLECTANCE IMAGING AND ARTIFICIAL NEURAL NETWORKS.JOURNAL OF NONDESTRUCTIVE EVALUATION Vol. 36:52 (págs. 1 a 9).2017.https://doi.org/10.1007/s10921-017-0431-7

The contents of this page were updated on 12.05.2023.