Skip to main content

Alumnado

Alumnado

Os sistemas de apoio á admisión do estudantado estarán baseados en:

  • Os servizos de apoio e orientación ao estudantado das 3 universidades do SUG participantes no mestrado.
  • As áreas de apoio e orientación dos equipos decanais das facultades adscritas ao mestrado en cada unha das universidades.
  • A divulgación e orientación que ofrezan os coordinadores do mestrado en cada unha das 3 universidades.
  • A información que se porá a disposición do estudantado na páxina web do programa e nas páxinas web institucionais das universidades e centros participantes.
  • As campañas de divulgación que realicen os membros da Comisión de Coordinación do mestrado nas distintas facultades cuxo estudantado poida acceder ao mestrado.

 

Respecto da atención a cuestións derivadas da existencia de necesidades educativas especiais, incluíndo as de estudantado con algunha discapacidade, se levará a cabo, para cada caso, en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria:

Ligazóns de interese

Para a xestión da mobilidade de estudantado propio e de acollida empregaranse os mecanismos ofrecidos polas Universidades a tal efecto. Así, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade conta con procedementos específicos de “información, asesoramento e xestión de programas internacionais de mobilidade”. Con respecto ao estudantado estranxeiro, xestiona a súa aceptación e facilita información completa e actualizada sobre a universidade e sobre aspectos prácticos como visados, viaxes, etc. Tras a súa chegada, se facilita o seu aloxamento, organizase un programa de acollida e de actividades deportivas, sociais e visitas culturais.

O estudantado que desexe realizar estudos doutros cursos ou mestrados, a Comisión Académica do Mestrado, co visto e prace do titor, facilitará a mobilidade do estudantado e encargarase de establecer os criterios de validación dos estudos cursados.

A Facultade de Bioloxía da USC, a Facultade de Bioloxía da UVIGO e a Facultade de Ciencias da UDC participan activamente nos programas de mobilidade de estudantado, fundamentalmente no marco dos programas para o intercambio de estudantado: SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españoles) con universidades españolas e Sócrates-Erasmus para as europeas. Por outro lado, mediante o programa ISEP (Internacional Student Exchange Programme), as bolsas MAE (do Ministerio de Asuntos Exteriores) e programas de cooperación propios das Universidades, as Facultades teñen convenios para o intercambio de estudantado con diversas universidades americanas.

A sistemática a aplicar na xestión e revisión do programa de mobilidade do estudantado do mestrado enviado e recibido será o recollido nos procedementos de garantía de calidade que se atopan nas seguintes ligazóns:

The contents of this page were updated on 12.12.2023.