Skip to main content

Servizos

Consultoría e Oferta formativa

Consultoría

Como parte da investigación aplicada que se realiza, se desenvolven 4 grandes líneas de actuación:

  1. Valoración de negocios: que engloba a oferta de servizos de consultoría centrados en:

1.1 A valoración financeira de empresas (Pemes, start-ups e spin-offs);

1.2 Asesoramento na elaboración de plans de empresa (novos proxectos);

1.3 Realización da planificación financeira a corto, medio e longo prazo (orzamentos e orzamentos de tesourería)

1.4 Análise de problemas financeiros e plantexamento de posibles solucións mediante modelización e simulación.

  1. Valoración de patrimonio: que engloba toda unha oferta de servizos asociados a valoración e taxación de bens inmobles.
  2. Valoración de produtos financeiros: que engloba a determinación do valor intrínseco dun gran ábano de produtos financeiros desenvolvidos e extendidos nos últimos anos no sistema financeiro.

Entre as empresas e institucións que han contratado nosos servizos están:

Oferta formativa

A Universidade de Santiago de Compostela ofrece Cursos do Programa de Formación Específica e a Demanda, os cales son estudos orientados á formación específica, dirixidos a colectivos determinados, a demanda de entidades externas ou ben de servizos, centros, departamentos ou grupos de investigación da USC, conforme ao establecido no Regulamento de Estudos Propios e Cursos de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela, no artigo 6.bis.

O grupo ofrece formación en startup, emprendemento e habilidades directivas: que engloba a oferta de servizos de formación vinculados co desenvolvemento de habilidades para emprender e/ou xestionar negocios e carreiras profesionais. Ao longo de varios anos, membros do grupo, vencellados tamén coa Cátedra Bancaja Mozos Emprendedores e a rede de Universidades para a promoción da innovación e o emprendemento, RedEmprendia, viñeron ofertando estes servizos en distintos foros empresariais.

Esquema
The contents of this page were updated on 01.18.2024.