Skip to main content

Aberto ata o 23 de febreiro o prazo para solicitar as prácticas externas extracurriculares do Consello Social

Poden optar ás prácticas estudantado de grao e mestrado. FOTO: Santi Alvite
Poden optar ás prácticas estudantado de grao e mestrado. FOTO: Santi Alvite
Outorgarase un premio de 1.500 euros ao estudante mellor valorado/a ao rematar este período formativo
Lugo, Santiago de Compostela

O Consello Social convoca unha nova edición das prácticas externas extracurriculares que poderán solicitarse ata o vindeiro 23 de febreiro. As titulacións de grao para as que se ofertan prazas son Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Economía, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría de Procesos Químicos e Industriais, Enxeñaría Química, Historia, Historia da Arte, Óptica e Optometría, Pedagoxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Robótica e Veterinaria.

Ademais, tamén se ofertan prazas nos mestrados universitarios en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, Xestión e Dirección Laboral e Intelixencia Artificial. A efectos de participar no premio de 1.500 euros que outorga o Consello Social ao estudante mellor valorada/o en prácticas é moi importante que ao rematar a práctica o titor ou titora externo/a achegue o informe de finalización tanto ao titor ou titora académico/a como ao Consello Social, de acordo cos requirimentos establecidos na convocatoria.   

The contents of this page were updated on 02.12.2024.