Programa de mobilidade para a realización de actividades directamente relacionadas coa tese de doutoramento en universidades, centros de investigación, institucións ou empresas nalgún país do programa Erasmus+.
A USC convoca axudas de mobilidade a universidades europeas ao abeiro do Programa Erasmus+ dirixidas ao estudantado da USC matriculado nun programa de doutoramento.
As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria.
Enderezo electrónico de contacto: erasmus [at] usc.gal
Prazo de solicitude: 20/02/2024 - 11/03/2024
A solicitude realizarase en liña, a través do Rexistro electrónico da USC.
As persoas candidatas deberán presentar a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude asinado polo/a estudante (Anexo I).
- Impreso de autorización da mobilidade por parte da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (Anexo II).
- E-mail de aceptación da institución de destino, que debe incluír o enderezo completo da entidade, o nome da persoa que actuará como supervisora, cargo e correo electrónico.
- Acordo de Formación, onde se detallarán as actividades a realizar durante a estadía, asinado polo/a director/a da tese.
- Certificado onde conste o código IBAN da conta bancaria na que se desexa recibir a axuda en caso de resultar beneficiario/a da mesma. Esta conta deberá ser dunha entidade bancaria radicada en territorio español e a persoa interesada deberá ser o/a titular.
Convocatoria
Ligazón á convocatoria: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125298/carga.htm
Resolucións derivadas da convocatoria
Listaxe provisional persoas solicitantes admitidas e excluídas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125698/carga.htm (21/03/2024)
Listaxe definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125820/carga.htm (04/04/2024)
Listaxe provisoria axudas concedidas e denegadas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125855/carga.htm (09/04/2024)
Corrección de erros á resolución provisional de concesión de axudas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125878/carga.htm (10/04/2024)
Listaxe definitiva axudas concedidas e denegadas: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125964/carga.htm (22/04/2024)