Skip to main content
  • Study

Explora + coa Matemática Aplicada

19 de marzo de 2024 na Facultade de Matemáticas

A Aula Magna da Facultade de Matemáticas acolle este martes 19 de marzo a partir das 11.10 horas unha xornada de divulgación dirixida a estudantes do grao en Matemáticas, dobre grao en Informática e Matemáticas e dobre grao en Matemáticas e Física.

Ás 11.20 horas Alexandre Rodríguez Coello, investigador de Mestrelab e estudante do mestrado en Matemática Industrial (M2i) fala de 'Simulación de espectros de RMN mediante computación cuántica'. A partir das 11.40 horas é a quenda de Iago Padín Domínguez, investigador do CITMAga e estudante do programa de doutoramento Métodos Matemáticos e Simulación Numérica e Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (MMSNICA), quen ten unha charla sobre 'Plantas de xeración renovable con almacenamento: como xestionalas?'.

Ás 12.30 horas Javier López Pedrares, profesor do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo e estudante do MMSNICA fala de 'Modelos matemáticos e pandemias' e desde as 12.50 horas Iván Martínez Suárez, investigador do CITMAga e estudante do MMSNICA dá unha charla sobre 'Modelización e simulación numérica de procesos multifísicos en automoción'. A última conferencia da xornada comeza ás 13.10 horas: Miguel Picos Maiztegui, investigador do Programa de Doutoramento Industrial da Xunta de Galicia e estudante do MMSNICA, fala de 'Métodos numéricos para desafíos multiescala na impresión 3D industrial'.

The contents of this page were updated on 03.04.2024.