Skip to main content

Ciclo de formación online de Web of Science

O I Ciclo de Formación Online de Web of Science terá lugar no primeiro semestre de 2024
O I Ciclo de Formación Online de Web of Science terá lugar no primeiro semestre de 2024
As sesións terán lugar durante o primeiro semestre do ano, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos. É necesaria inscrición previa.

A FECYT e Clarivate organizan o I Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science,  co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos. Esta formación, impartida durante o primeiro semestre do ano, está dirixida tanto a estudantes como a investigadores.

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. 

 Xa está aberto o prazo de inscrición para as sesións de marzo, que serán as seguintes:

  • 12 de marzo, das 14 ás 15:00 horas
    Utilizar operadores booleanos e gardar as miñas consultas en Web of Science (nivel básico).
     
  • 13 de marzo, das 14 ás 15 horas
    Utilizar Web of Science para identificar a bibliografía máis relevante (nivel básico).
     
  •  14 de marzo, das 14 ás 15 horas
    Da busca simple á complexa en Web of Science (nivel avanzado)         

Podes apuntarte aos webinars picando aquí.  

Atoparás máis información nesta páxina da Fecyt.

The contents of this page were updated on 03.04.2024.