Skip to main content

A biblioteca de Bioloxía repasa nun vídeo a traxectoria das biólogas españolas máis destacadas

No vídeo repásase a traxectoria científica das principais biólogas do noso país
No vídeo repásase a traxectoria científica das principais biólogas do noso país
Entre elas, podemos destacar nomes como os de Ángeles Alvariño, Margarita Salas, María Blasco ou María José Bouzón. Os recursos enlazados son accesibles a través do catálogo Iacobus

A biblioteca de Bioloxía vén de elaborar co gallo do 8 de marzo, un vídeo no que se repasa a carreira e as aportacións científicas realizadas polas principais biólogas do noso país. Nel descríbense brevemente as investigacións desenvolvidas por cada unha delas, acompáñase ademais dun código QR que leva a unha publicación (artigo ou libro) relacionada coa súa investigación, e onde estás aparecen como autoras ou coautoras.

Os recursos enlazados son accesibles dende o catálogo Iacobus, algúns son de consulta online e outros pódense levar en préstamo a través da biblioteca.

Entre as biografiadas atopamos nomes como o da oceanógrafa Ángeles Alvariño, a bioquímica Margarita Salas, a bióloga molecular María Blasco ou a biotecnóloga María José Buzón.  

Podes acceder ao vídeo neste enlace

The contents of this page were updated on 03.08.2024.