Skip to main content

Centro de interese 8M na Biblioteca Xeral

Fotografía do centro de interese 8M na biblioteca Xeral da USC
Centro de interese 8M na biblioteca Xeral da USC
A biblioteca Xeral ofrece, durante este mes, un centro de interese cunha selección de fondos sobre a muller na literatura, ensaio de xénero, estudos históricos e visibilidade do feminismo na banda deseñada, ente outros. Boa parte destas autoras tiveron relación coa USC.

A biblioteca Xeral ofrece, durante este mes, un centro de interese cunha selección de fondos sobre a muller na literatura, ensaio de xénero, estudos históricos e visibilidade do feminismo na banda deseñada, ente outros. Boa parte destas autoras tiveron relación coa USC, como é o caso de María Xosé Agra ou Ofelia Rey Castelao, premio Nacional de Historia 2022.

O anaquel, situado na sala de lectura, fronte ao mostrador de préstamo, expón os libros en acceso directo para que as persoas usuarias poidan collelos e gozar da lectura na propia sala, ou levándoo en préstamo a domicilio.

O horario da biblioteca Xeral pode consultarse na súa páxina web.

The contents of this page were updated on 03.08.2024.