Skip to main content

Un obradoiro achega ferramentas para a xestión do estrés e a ansiedade no desenvolvemento da vida académica e deportiva

Alumnado da USC nun partido de voleibol
Alumnado da USC nun partido de voleibol
Celebrarase o luns 18 impartido por persoal da Unidade de Atención Psicolóxica da USC. A inscrición poderá realizarse ata o vindeiro xoves 14

A Área Deportiva desenvolve un obradoiro que busca achegar ferramentas prácticas que sirvan de apoia para quen compaxina actividade deportiva e carreira académica. Co título ‘O estrés e a ansiedade na carreira dual dos/as deportistas: xestión da vida académica e deportiva’, esta xornada está aberto a deportistas de alto nivel da USC, titores/as DAN da USC, alumnado universitario con licenza federativa, comunidade universitaria en xeral e público interesado.

O luns 18 de marzo en horario de 13.45 a 15.45, a sesión estará impartida por Pilar Barcena Daban e Sara Purcell Sobrino, psicólogas xerais sanitarias da Unidade de Atención Psicolóxica da USC no Salón de Actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Cunha oferta total de 25 prazas a inscrición pódese formalizar ata este próximo xoves 14 cubrindo un formulario en liña.

Entre os temas que se abordarán, as especialistas da Unidade de Atención Psicolóxica prestarán especial atención á relación entre saúde mental e práctica deportiva e aos mecanismos de incidencia do estrés e a ansiedade no rendemento, tanto deportivo como académico. Ademais achegarán estratexias para mellorar o diálogo interno e a xestión do tempo.

Cartel do obraodoiro
Cartel do obraoiro
The contents of this page were updated on 03.12.2024.