Skip to main content

Apertura en horario extraordinario das bibliotecas durante o segundo período de exames

Vista dos espazos de lectura da Biblioteca Concepción Arenal
Vista dos espazos de lectura da Biblioteca Concepción Arenal (Fonte: https://flic.kr/p/meVKJn)
A partir do 22 de abril, as bibliotecas Concepción Arenal, Intercentros de Lugo, Económicas e Bioloxía amplían o seu horario para dar servizo de apoio ao estudo ante o segundo período de exames da USC.

O vindeiro 22 de abril iniciase o período de apertura das bibliotecas da USC en horario extraordinario, de luns a domingo:

  • Biblioteca Concepción Arenal (952 prazas)
    • Do 22 de abril ao 9 de xuño : 8:30-0:00 h
    • Do 10 ao 30 de xuño: 9:00-22:00 h
  • Biblioteca Intercentros de Lugo (938 prazas)
    • Do 22 de abril ao 9 de xuño : 8:30-0:00 h
    • Do 10 ao 30 de xuño: 9:00-22:00 h
  • Biblioteca Facultade Económicas (348 prazas, ampliables)
    • Do 29 de abril ao 9 de xuño: 8:30-22:00 h
  • Biblioteca Facultade Bioloxía (289 prazas)
    • Do 17 de maio ao 2 de xuño: 8:30-22:00 h

Como adoita ser habitual, abrirá tamén a Sala de lectura da Facultade de Dereito (700 prazas, ampliables):

  • Do 29 de abril ao 14 de maio: 8:30-3:00 h
  • Do 15 de maio ao 5 de xuño: 24 horas
  • Do 6 ao 9 de xuño: 8:30-3:00 h

O alumnado contará, así con máis de 3.200 prazas repartidas polos distintos campus da Universidade, e un amplo horario para escoller o ambiente máis propicio para estudar.

E por se aínda tes dúbidas, convidámoste a coñecer as 8 razóns polas que a biblioteca é o sitio ideal para estudar.

Agardámoste!

The contents of this page were updated on 04.16.2024.